Sarria: o 7 de maio entrega do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño a Xerardo Quintiá

O sábado 7 de maio, a partir das 19:30 horas, no Hotel Alfonso IX de Sarria, celebrarase a festa da poesía coa entrega a Xerardo Quintiá o XI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. No acto, organizado pola A. C. Ergueitos, participarán os membros do xurado Chus Pato, Xiana Arias, Baldo Ramos, Xermán Arias e María Casar, contando con Francisco X. Fernández Naval como mantedor e as actuacións do músico Manu Clavijo e o mago Carlos Coira.

83 orixinais para o XI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

Pechado o prazo de recepción de orixinais para o XI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño recibíronse 83 poemarios. O xuri está formado por Baldo Ramos, Chus Pato e Xiana Arias, actuando como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, Xermán Arias, e como Secretaria a Presidenta da A. C. Ergueitos, María Casar, os dous con voz e sen voto. O ditame do xuri darase a coñecer o 26 de marzo nun acto aberto ao público no Salón de Actos do Concello de Sarria no que se procederá a abrir a plica da obra gañadora.

A Coruña: presentación de Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval

O venres 19 de novembro, ás 20:00 h., en Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22), da Coruña, preséntase o libro Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval, gañador do X Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, publicado en Espiral Maior. No acto, acompañando ao autor, participan Miguel Anxo Fernán-Vello e Teresa Seara.

Sarria: presentación de Bater de sombras, de Francisco Fernández Naval

O xoves 4 de novembro, ás 19:00 h., na Casa da Cultura de Sarria, preséntase o Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval, gañador do X Premio Fiz Vergara Vilariño, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, co autor, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xermán Arias e María Casar.

Sarria: Francisco X. Fernández Naval recollerá o X Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

«Este sábado 22 de maio ás 19:30 horas no hotel NH Alfonso IX de Sárria. Participarán os gañadores das 10 edicións do premio: Marica Campo, Xesús Pereiras, Estevo Creus, Martín Veiga, Miguel Mato, Emma Pedreira, Neira Cruz, Olalla Cociña, Baldo Ramos e Francisco X. Fernández Naval.
Acompañados polo dúo de violonchelo e violín formado por Rosalía Vázquez e Iván Novo.
Intervirán na entrega do premio:
-Os membros do xurado Olalla Cociña e Cesáreo Sánchez Iglesias (Presidente da AELG)
-O artista plástico Jorge Varela
-O concelleiro de cultura de Sárria, Xermán Arias, o vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, Antón Bao e a presidenta de Ergueitos, María Casar.
Pecharemos o acto co espectáculo de María Lado e Lucía Aldao “moita poesía, pouca diversión”»

a.c. ergueitos sárria