Desde Que pasa na Costa:
“A Editorial Medulia, que coordina a cormelá Diana Varela, vén de dar a coñecer a obra gañadora do VII Premio de Poesía Eduardo Pondal.
Tras o debate do xurado, aberta a plica pola secretaria, a obra elixida resultou ser Asfixia, de Clara Martín, presentada baixo o pseudónimo de “Isué Ajrú”.
A poeta e artista plástica, nacida en Verín, foi galardoada anteriormente con múltiples premios literarios. E conta no seu haber con diferentes publicacións que atinxen xéneros como o teatro, o relato curto ou o colaxismo.
Trátase dun libro que conxuga unha perfecta composición global do conxunto de poemas, concibidos como un todo; sen perxuizo de que cada un dos textos teña entidade, singularidade e sentido propios.
O xurado destaca a elevada cantidade de manuscritos presentados ao certame, e a alta calidade dos mesmos.”
Arquivos da etiqueta: Premio de Poesía Infantil Eduardo Pondal
O Couto (Ponteceso): actos destacados no Festiletras o luns 16 e martes 17
O Festiletras 2016, que terá lugar na aldea do Couto (Concello de Ponteceso), terá os seguintes actos destacados para o luns 16 e martes 17 de maio:
Luns 16
– 20:00 h., na Fundación Eduardo Pondal. Inauguración das exposicións de Viki Rivadulla “Ser outra cousa” (pintura) e “Matria” (escultura), e posteriormente: Escoito cisnes, recital poético aberto coordinado por Óscar de Souto.
Martes 17
– 11:00 h., na Fundación Eduardo Pondal. III Premio de Poesía Infantil Eduardo Pondal. Convidad@s: Concha Blanco, Diana Varela, Xelucho Abella e María Canosa.
– De 17:00 a 19:00 h., na Casa dos Veciños. Iº Certame de Teatro Infantil Xosé Neira Vilas. Para as Aulas municipais de teatro de Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe. Recreo e obradoiro de caricatura con Xosé Vizoso.