Arquivos da etiqueta: Premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro
Bases do XXIX Premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro
Bases do XXVIII Premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro
Premio Cunqueiro ás principais receitas do legado culinario galego
Desde Galicia Confidencial:
“O libro Cociña galega tradicional (receitas, tradición, historia e evolución), de Matilde Felpeto Lagoa, vén de proclamarse como a obra gañadora da XXIV edición do Premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro. O traballo foi o mellor valorado polo xurado entre as 22 propostas que se presentaron á convocatoria deste ano.
O volume gañador recolle as principais receitas do legado culinario de Galicia, relatando, en cada caso, a historia principal do prato e as distintas maneiras de preparalo. (…)
O segundo premio do XXIV Premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, dotado con 1.000 euros, recaeu en O equilibrio dos opostos, unha longametraxe documental dirixida e producida por Alberto Baamonde Bello, autor que xa o ano pasado obtivera o primeiro premio deste certame co filme Cociñando na fin do mundo. O documental foi estreado no Festival internacional de cine documental PLAY-DOC, de Tui, o 22 de marzo de 2017. (…)”