Lalín: presentación de Fondo rural, de Xoán Carlos García Porral

O 12 de novembro, ás 20:15 horas, no Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa de Lalín, preséntase o libro Fondo Rural. Identidade social e estrutura familiar, de Xoán Carlos García Porral, publicado por Edicións Fervenza. No acto, o autor estará acompañado por Begoña Blanco Blanco, Celso Fernández Sanmartín e Xosé Crespo Iglesias.

Lalín: presentación das actas do curso da UNED Da Galicia de Balbino á Galicia de hoxe

O martes 13 de decembro, ás 20:30 horas, na Sala de Prensa do Concello de Lalín (Praza do Concello, 1), preséntanse as Actas do curso da UNED Da Galicia de Balbino á Galicia de hoxe, publicadas pola Deputación de Pontevedra. No acto participan Rafael Louzán, José Crespo, e os coordinadores do libro: Dolores Vilavedra, Luis Fernández, Román Rodríguez e Xosé Antonio Aldrey.