A Galería Sargadelos Ferrol organiza un acto conmemorativo do día das Letras Galegas hoxe mércores 13 de maio ás 20.00h, que contará coa participación de dous profesores e escritores de Ferrol, Henrique Dacosta e Bernardo Maiz, que levarán a cabo unha serie de reflexións sobre a figura de Ramón Piñeiro. A charla-coloquio será de entrada libre.
Arquivos da etiqueta: Ramón Piñeiro
Libro aberto, programa do 13 de maio
Esta semana Libro aberto celebra o Día das Letras Galegas, recibindo ó ensaísta Antón Baamonde, que falará do homenaxeado deste ano, o filósofo e intelectual galeguista Ramón Piñeiro. Na primeira reportaxe do programa farán un repaso pola biografía de Ramón Piñeiro, figura clave para entender o galeguismo. Salvador García Bodaño dará as explicacións necesarias para entender por completo a figura do intelectual de Láncara. A seguir abordarán a actividade do Centro Ramón Piñeiro que, como o escritor que lle dá nome, contribuíu de xeito decisivo á normalización da lingua galega. Con máis de 150 publicacións no seu haber, este centro é un dos principais grupos de investigación en humanidades de Galicia. Ademais na sección de novidades literarias darán conta tanto das reedicións das obras de Ramón Piñeiro como das novas publicacións vencelladas ao homenaxeado.
O programa ocúpase tamén dos Premios Literarios Minerva que dende hai 50 anos e coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas outorga o colexio Manuel Peleteiro. Un certame de longa tradición que comezou chamándose Xogos Florais Minerva, e do cal saíron os escritores galegos máis importantes da nosa literatura actual.
Na sección de crítica Armando Requeixo explicará que ademais do noso Día das Letras Galegas existen outras efemérides literarias nacionais. Escocia, Irlanda ou Cataluña teñen días de homenaxe ás súas literaturas.
Pecha o programa unha novidade sobre o homenaxeado no Día das Letras Galegas de hai seis anos: a Fotobiografía do poeta Antón Avilés de Taramancos. Esta publicación gráfica e sonora de Ouvirnos permítenos recorrer as distintas etapas da vida e obra de Avilés de Taramancos.
Libro aberto emítese hoxe mércores 13 de maio á noite (00:45), na Televisión de Galicia. Tamén poden ver o programa na G-2 (TDT) o luns ás 23:30 horas, ou a través da páxina web.
Santiago: presentación do “Dicionario” Ramón Piñeiro
Hoxe mércores 13 de maio preséntase en Santiago o ensaio ‘Dicionario’ Ramón Piñeiro de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, nun acto que contará ademais coa participación de Andrés Torres Queiruga, da Real Academia Galega, Amancio Liñares Giraut, de tresCtres Editores e Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe.
Será a partir das 20 horas no Salón de Actos de El Correo Gallego (Rúa Preguntoiro, 29, Santiago de Compostela).
Santiago: presentación do novo libro de Mercedes Queixas

Ferrol: conferencia de Miguel Barros sobre Ramón Piñeiro

A Coruña: conferencia de Xosé Luís Franco Grande
O vindeiro dia 13 de Maio, mércores, o avogado e académico da R.A.G. Xosé Luís Franco Grande falará da figura homenaxeada neste ano no Día das Letars Galegas. A sua palestra titúlase Ramón Piñeiro e a política galega anterior á transición. Será a partir das oito do serán no local da Fundación Caixa Galicia da Coruña, no Cantón Grande.