Arquivos da etiqueta: Rosario Álvarez Blanco
Rosario Álvarez: ”O problema do galego non se resolve no ensino; cómpren medidas sociais profundas”
Entrevista
a Rosario Álvarez en El Progreso:
“Rosario Álvarez (Pontevedra, 1952) recolleu o 25 de xullo a Medalla de Ouro de Galicia coa que a Xunta distinguiu os 40 anos de traballo do Instituto da Lingua Galega (ILG) cun discurso preocupado no que reclamou medidas “eficaces” que garantan a supervivencia do idioma. É que nesas catro décadas houbo un avance “extraordinario” no seu estudo, impulsado en boa medida polo ILG, pero tamén retrocesos “preocupantes” nalgúns indicadores da súa saúde, como na transmisión familiar. Así as cousas, Álvarez -catedrática de Filoloxías Galega e Portuguesa, á fronte do ILG desde o 2005 e membro da Real Academia Galega– advirte de que “temos a obriga de defender a lingua e de transmitírllela enriquecida aos que veñen detrás” (…)”
O ILG esixe discriminación positiva para o galego
‘Nun
discurso contundente e diáfano, a directora do ILG, Rosario Álvarez, leulle a cartilla ao presidente Núñez Feixóo e ás demais autoridades, tanto da Xunta coma do parlamento, as deputacións e os Concellos. “Sen discriminación positiva e maior peso do galego no ensino, o futuro da lingua é complicado”, afirmou. Álvarez considerou no seu discurso de aceptación da Medalla Galicia para o instituto que dirixe, que o galego está a vivir un momento de gran dificultade e subliñou a orixe do problema. “Perante o desafecto de certos sectores sociais e a deserción de certas autoridades, esa crise agravarase até cegarlle o camiño do porvir”. No mesmo acto, o outro galardoado coa Medalla Galicia, o investigador en Xenética Anxo Carracedo, reclamou maior apoio ao desenvolvemento científico. Tras criticar a falta de recursos para a ciencia en Galiza, recordou a “débeda histórica” do Estado co noso país a ese nivel. “Recibimos menos apoio que outros territorios e pola contra os científicos galegos demostran día a día que saben ofrecer moito máis do que reciben”.’ Vía A Nosa Terra. Tamén en El Progreso e Galicia Confidencial.
“As académicas galegas esixen máis presenza feminina na institución”
(Xornal)
Margarita Ledo ingresa na Real Academia Galega
O sábado 7 de febreiro terá lugar o acto de ingreso de Margarita Ledo Andión na Real Academia Galega. Será ás 12:00 no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Xeografía e Historia. A escritora lerá o discurso Do bucle e da fenda. Para un ensaio crítico sobre a cultura galega, e a súa intervención será respondida pola académica Rosario Álvarez Blanco. Margarita Ledo será a quinta muller académica da RAG, despois de Olga Gallego, Luz Pozo, Xohana Torres e a citada Rosario Álvarez Blanco.
