Desde  o Concello de Ourense:
o Concello de Ourense:
“Prender os fachos, compoñer os ósos, do poeta Carlos da Aira, foi a obra gañadora do 34 Premio de Poesía Cidade de Ourense. O xurado, composto por Luís G. Tosar, poeta e presidente do Pen Club Galicia, Soedade do Muíño, profesora de lingua e literatura galegas, Edelmiro Vázquez Naval, poeta, e Fernando Fitas, xornalista e poeta gañador da edición anterior, resolveu por unanimidade concederlle o premio ao poeta allaricense.
Os integrantes do xurado valoraron a súa obra do seguinte xeito: “Alicerzado nun discurso literario despoxado de artificialismos, mais presentando un conxunto de belas metáforas e un interesante vocabulario, esta obra constitúe un exemplo de como é posíbel transmitir a mensaxe, denunciar, insinuar, dar o recado, usando para o efecto, a poderosa suxestión da palabra, ao final, unha das trabes-mestras da poesía, desempeñando así, unha das súas funcións primordiais, cuxo significado se reviste de particular significado nos días que corren”.
O Premio de Poesía Cidade de Ourense está dotado cun premio de 6.000 euros máis a publicación de 150 exemplares do libro, e está aberto á participación de autores e autoras que presenten obras escritas en galego ou en portugués. O vindeiro ano, o poeta allaricense Carlos da Aira integrará o xurado da 35ª edición.”
Arquivos da etiqueta: Soedade do Muíño
Xavier Rodríguez Barrio gaña o Premio de Poesía Cidade de Ourense, con Calado testamento
O  escritor Xavier Rodríguez Barrio converteuse no gañador do XXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense coa obra Calado testamento. O galardón está dotado con 6.000 euros e implica a publicación do libro coa editorial Espiral Maior. O xurado, integrado por Miguel Anxo Fernán-Vello, Soedade  do Muíño, Fernando de  Castro Blanco, membro do Grémio Literário de Vila  Real e Edelmiro Vázquez Naval, emitiu o seu veredicto sobre as 48 obras  presentadas a esta edición. (Xornal, La Voz de Galicia, La Región, El Progreso, Cultura Galega).
escritor Xavier Rodríguez Barrio converteuse no gañador do XXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense coa obra Calado testamento. O galardón está dotado con 6.000 euros e implica a publicación do libro coa editorial Espiral Maior. O xurado, integrado por Miguel Anxo Fernán-Vello, Soedade  do Muíño, Fernando de  Castro Blanco, membro do Grémio Literário de Vila  Real e Edelmiro Vázquez Naval, emitiu o seu veredicto sobre as 48 obras  presentadas a esta edición. (Xornal, La Voz de Galicia, La Región, El Progreso, Cultura Galega).
 
							
