Luís Valle: “A poesía é unha das formas privilexiadas de coñecemento e expresión humana”

Entrevista de Sergio Casal a Luís Valle en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Que pode atopar quen lea Somos?
– Luís Valle (LV): Somos é o comezo dun segundo ciclo da miña escrita poética. Despois de 25 anos fechei o primeiro. Este novo traballo pódese dicir que é unha poesía social pero, dalgún modo, reivindicando a ollada social desde a poesía, que quere dicir que nela se expande o concepto do social. Nel recréase e fálase daqueles aspectos que propiamente teñen sido silenciados ou sinxelamente non se enuncian como tal no día a día.
– ND: Cal é o discurso social que tenta buscar este libro a través das palabras?
– LV: En realidade é unha outra historia. É unha rítmica do discurso social. É, dalgún modo, non falar do que é evidente, senón recrear aqueles aspectos que non están presentes no día a día. É tamén un poema do cuestionamento do que é real, do que é a existencia cotiá, do funcionamento como tal da sociedade e do contexto sociohistórico no que vivimos. É todo isto na forma dun poema extenso de máis de 700 versos. (…)”

‘Somos’ é o título do último libro de Luís Valle

Entrevista de Pilar G. Rego a Luís Valle no Zig-zag da Televisión de Galicia:
Somos é un poemario diferente que vén ademais con notas do autor nada máis comezar para situarnos: para os que aman a poesía sen medo… e para os que necesitan algunha pauta para seguir o camiño de Somos. A entrevista pode verse aquí.”