“O primeiro libro de Xulia Alonso Díaz, Futuro imperfecto, resultou gañador da XVII edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente en lingua galega. Os outros finalistas foran Denso recendo a salgado, de Manuel Portas, e Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes. En castelán a novela gañadora foi Riña de gatos, de Eduardo Mendoza, e en lingua estranxeira Brooklin, de Colm Tóibin. Organizado polo Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, o Premio está dotado con 9.000 euros e recoñece a mellor novela do ano en cada modalidade, elixida por alumnos de Bacharelato deste e doutos catro institutos galegos. A edición deste ano contou ademais cun instituto portugués e outro de Madrid.” Vía Galaxia.
Arquivos da etiqueta: Xulia Alonso Díaz
Xulia Alonso e Francisco Calo Lourido galardoados na XXVI edición dos Premios Antón Losada Diéguez
“O xurado da XXVI edición dos premios Antón Losada Diéguez otorgou o premio de creación literaria a Xulia Alonso, pola súa obra Futuro imperfecto e o de investigación e ensaio a Francisco Calo Lourido, polo seu traballo Os Celtas: Unha (re)visión dende Galicia. O xurado valorou en Futuro Imperfecto a enorme intensidade emotiva que introduce a vida dentro da literatura. Narra unha experiencia vivida que representa tamén a historia dunha xeración que sucumbiu ao engano da droga como negocio manexado por xente sen escrúpulos. A obra está editada pola Editorial Galaxia. Da obra Os Celtas. Unha revisión dende Galicia, editada por Xerais, os integrantes do xurado destacaron o rigor documental, as diferentes fontes de aproximación ao problema histórico dos celtas e do celtismo, así como o seu reflexo en Galicia, nun debate aberto que tivo a súa importancia na configuración da identidade mítica dos galegos.” Vía Asociación Galega de Editores. O xurado estivo composto por Francisco Fernández Rei, Henrique Monteagudo, Francisco Fariña, José Luís Valladares, Anxo Tarrío, Xosé Henrique Costas e Xosé Ramón Freixeiro, actuando como presidente Cipriano Caamaño e vicepresidenta María Josefa Pérez.
O Barco: presentación de Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz
O xoves 28 de abril, ás 20:00 h, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán (Rúa Academia Dequidt, 6) do Barco de Valdeorras, preséntase o libro Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz, publicado en Galaxia. No acto a autora estará acompañada por Eduardo Ojea Arias e Arturo Ponte.
Xulia Alonso: “Se tivese que definir o tempo con palabras diría: o tempo é oportunidade”
Xulia Alonso: “É hora de levantar a lousa de vergoña da xente que morreu de sida”
Santiago: presentación de Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz
O martes 14 de decembro, ás 20:00 h, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, preséntase o primeiro libro de Alonso Díaz, Xulia, Futuro imperfecto, publicado en Galaxia.
Vigo: presentación de Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz
O venres 19 de novembro, ás 20:00 h, na Casa do Libro de Vigo, preséntase o primeiro libro de Xulia Alonso Díaz, Futuro imperfecto, publicado en Galaxia. No acto participan, coa autora, Víctor F. Freixanes, Concha Báez Montero e Margarita Viñas Neira.