Arquivos da etiqueta: Xurxo Alfeirán Chouciño
Ribadavia: presentación de Lembranzas de Malpica, de Xosé González Reyes
Malpica acolle tres xornadas sobre naufraxios nas súas costas
Malpica
de
Bergantiños acollerá tres xornadas de rescate da memoria sobre naufraxios nas súas costas.
A primeira cita terá lugar este venres día 16 ás 19:30 horas no local sociocultural de Cambre. Nesta xornada interxeracional de memoria oral partiparán como informantes catro maiores desta parroquia malpicá: Ermitas Blanco Lema, Asunción Vila Cotelo, Jaime Vila Cotelo e Antonio Veiga Fernández. Os tres poderán recordar naufraxios famosos coma o vapor inglés Sidon acontecido nas ribeiras da praia do Riás.
A segunda cita será no local social de Barizo o vindeiro sábado 17 ás 19:00 horas. Os informantes serán Manuel Gómez Álvarez, Evaristo García Rodríguez e Rafael Pose Mesura. Os tres falarán dos naufraxios acontecidos nas costas de Barizo e Mens.
Por último, para a tarde do sábado 24 está programada unha dobre sesión de actividades coa que se achegará o libro de Fernando Patricio Cortizo, Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899 (Cartamar). Ás 19:00 h. realizarase un roteiro de naufraxios pola vila de Malpica e ás 20:00 h. presentarase o libro no salón de plenos da Casa do Pescador. Acompañarán ao autor o investigador local Xurxo Alfeirán, que falará das vicisitudes históricas do porto e praia de Malpica, e Jaime Ricardo Suárez Villar, quen lembrará o último naufraxio malpicán do século XIX, o da embarcación David, propiedade de antepasados seus.
Todas as actividades son abertas a público e estarán moderadas por Xosé Manuel Varela.


