Desde Galicia Confidencial:
“O escritor e xornalista Alberto Ramos Ríos gañou o 21º Premio Abrente de Textos Teatrais coa obra Por unanimidade. O autor xa recibira este galardón, convocado polo Concello de Ribadavia a través da Mostra Internacional de Teatro (MIT), hai dous anos, na súa 19ª edición, con Os servizos prestados.
Un xurado integrado por Lucía Aldao, Carlos Álvarez-Ossorio e María Ángeles Iglesias Lopardo decidiu outorgarlle por maioría o premio a Alberto Ramos. O galardón inclúe 4.000 euros e a edición da obra gañadora.
A decisión do xurado está motivada “por ser un texto humorístico, con personaxes moi ben construídos e un ton irónico intelixente, cun ritmo áxil no que destaca a capacidade de construír a seis voces. O texto introduce cuestións de actualidade e, cunha base de crítica política ao contexto cultural, axuda, a través do humor, a reflexionar sobre a propia natureza dos premios e as súas problemáticas, ademais de construír unha situación extrapolable a outras reunións ou encontros entre grupos de persoas que precisan chegar a acordos desde posicións diversas”. (…)”
Arquivos da etiqueta: Concello de Ribadavia
Ribadavia: Paula Carballeira, Premio de Honra 2026 na Mostra Internacional de Teatro
Paula Carballeira, Premio de Honra 2026 na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
Presentación de Poetas do Ribeiro, en Ribadavia
Ribadavia: presentación de Poetas do Ribeiro
Bases do 21º Premio Abrente de Textos Teatrais
Ribadavia: presentación de Erótica é a alma das cereijas, de Adela Figueroa Panisse
Presentación de Erótica é a alma das cereijas, de Adela Figueroa Panisse, en Ribadavia
Ribadavia: Quinta Poesía en Riba
Isabel Fernández González gaña o 20º Premio Abrente da MIT de Ribadavia
Desde Erregueté (foto da autora, por Rosiña Rojo):
“O texto O miradoiro, da autora leonesa Isabel Fernández González (Isa Fernández, nada en La Valduerna no ano 1993) resultou ser o escollido, por unanimidade, polo xurado do 20º Premio Abrente da MIT de Ribadavia. Este, que estaba formado Ana Romaní, Arantza Villar e Sara Rey, destacou da obra premiada “a profundización dos personaxes e a intelixencia dos diálogos como espello das relacións humanas actuais”.
A peza presenta “unha conversa íntima entre dúas persoas que reflexionan sobre a súa relación e os seus desencontros, un diálogo que se expande cara a un espazo máis amplo e metafórico, como retrato dunha sociedade cada vez máis individualista”. Para o xurado, o texto “salta habilmente do persoal ao colectivo, nun cruce de xuízos críticos que aborda temas de actualidade dende o contraste de posicións, deixando entrever as dificultades de activar a empatía e recordando a importancia da escoita para a vida en comunidade”.
“Son orixinaria dunha pequena aldea leonesa, desas que no verán se enchen de trigo seco e no inverno conxelan o alento. Medrei ao quente do braseiro, escoitando á miña avoa contar historias doutros tempos e xogando a contalas no grupo de teatro da escola rural. Para min, o teatro é encontro”, explicou a autora á MIT sobre a súa traxectoria e a súa conexión co teatro. “Escribo dende que teño memoria. Poesía, teatro, ensaio e, sobre todo, textos sen xénero. Unha boa potaxe, que diría a miña avoa. Sempre buscando o xeito de diluír os límites, gústame tanto ler a Beckett como bailar unha boa bachata na verbena. Por iso valoro tanto os proxectos culturais que conectan o teatro e as artes vivas coas vivencias da xente de a pé”, engadiu, en relación coa súa relación coa escritura.
Isabel, segundo compartiu tamén coa MIT, está instalada en Galicia desde hai oito anos, dende que chegou a un recuncho arzuán onde aprendeu o galego das veciñas e se reencontrou co teatro da man da Gentalha do Pichel e da Escola Espazo Aberto. Actualmente forma parte da compañía ALOMAIS Teatro, creada este mesmo ano, que está a piques de estrear a súa primeira montaxe. Cun sacho como símbolo, a autora e o seu equipo entenden o teatro como “o humilde oficio de sachar o espazo para que a vida poida agromar”. (…)”











