Arquivos mensuais: Novembro 2023
Vigo: palestra “Esplendor e colapso do Reino da Galiza durante a Era Compostelana”, con Henrique Egea e José Manuel Barbosa
Vigo: presentación de Xe, de Lara Boubeta Bamio
A Coruña: presentación de Trazo atlántico. A Coruña en 12 postais, de Xosé Duncan
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2023. A dramatización na formación da identidade lectora, con Antón Cortizas, o 8 de novembro
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A dramatización na formación da identidade lectora é unha actividade coordinada por Isabel Mociño, Carla Míguez e Verónica Pousada Pardo (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
Vaise desenvolver o 25 e 31 de outubro e o 8 e 15 de novembro, ás 18:00 horas, na Sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense. O programa pode descargarse aquí.
A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O programa é o seguinte:
8 de novembro
Antón Cortizas
E se a escola fose un teatro? A tradición oral como recurso educativo
15 de novembro
Carlos Labraña
Non dramatices!!! Censura e autocensura no teatro infantil