Compostela: actividades do 10 de outubro na SELIC 2026

Compostela: actividades do 3 de outubro na SELIC 2026

SELIC (Semana do Libro de Compostela) 2026

Toda a información aquí.

Paseos Literarios por Compostela 2026

Os Paseos Literarios por Compostela 2026 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago de Compostela. No marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC) 2026, terá lugar unha nova edición deste Ciclo de percorridos literarios por Compostela, procurando outra ollada á historia e xeografía da cidade.

A inscrición, gratuíta, realizarase, indicando nome e apelidos, enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org. O punto de saída en todos eles será a propia SELIC, na Praza da Quintana.

O programa de Paseos Literarios é o seguinte:
– A Conferencia Ambulante de Serafín Andante.
Carlos Labraña
Data: sábado 3 de outubro, ás 12:00 h.

– A cidade e os milagres
Daniel Asorey
Data: quinta feira/xoves 8 de outubro, ás 17:00 h.

– A Conferencia Ambulante de Serafín Andante.
Carlos Labraña
Data: sábado 10 de outubro, ás 12:00 h.

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Carlos Labraña gaña o IX Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño coa obra “Sós”

Desde Galaxia:
“O dramaturgo Carlos Labraña gaña o IX Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño pola obra Sós, segundo acordou por unanimidade o xurado reunido o pasado 21 de maio de 2026 na Biblioteca do IES Ribeira do Louro, no Porriño.
O xurado, integrado por Iván Caloto, Pepa Barreiro, Delio García Represas e Raquel Castro, destacou da peza “que sexa unha obra que aborda un tema de actualidade, a guerra, con especial tenrura e sensibilidade; ademais de pola súa linguaxe poética, escrita cun delicado coidado da lingua”.
Na acta do fallo tamén se subliña que “a dramaturxia xoga cunha estrutura que separa o universo íntimo e o máis social dándolle relevancia a partes iguais e as anotación son en realidade poemas que transmiten un sentimento profundo que te leva á reflexión”.
O xurado considerou ademais que se trata “dunha obra moi acaída para o público xuvenil pola temática actual que trata, tanto para a súa representación como para a súa lectura”. (…)”

Compostela: Día Mundial do Teatro. Charla-obradoiro con Carlos Labraña

Desde El Corte Inglés de Santiago de Compostela:
“No marco da celebración internacional do teatro, conmemorando o Día Mundial das Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade (20 de marzo) e o Día Mundial do Teatro (27 de marzo), Ámbito Cultural de Santiago organiza unha actividade especial destinada a achegar o teatro aos máis novos, o 25 de marzo, ás 11:30 h., na Sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela, Carlos Labraña manterá un encontro cuxo obxectivo é achegar o teatro aos escolares mediante unha sesión lúdica, participativa e formativa que permita ao alumnado descubrir a literatura dramática desde dentro: escoitándoa, interpretándoa e gozándoa. A esa sesión asistirá alumnado do Colexio Alca, convidados especialmente para participar nesta actividade vivencial.”