Crónica fotográfica da Gala das Letras e a entrega dos Premios AELG 2015 (I)

DentroConviteGalaLetrasAELG2015a da Gala das Letras que tivo lugar o sábado 9 de maio no Círculo de las Artes do Concello de Lugo, déronse a coñecer as persoas e entidades gañadoras dos Premios AELG 2015. A continuación, publicamos parte das fotografías que recollen os diferentes momentos do acto, agradecendo a súa realización a Alfredo López, “Tokio”. Pódense ver todas aquí.

1431508460359GalaLetras2015Lugo-por-AlfredoLopezTokio-0041431508465288GalaLetras2015Lugo-por-AlfredoLopezTokio-0161431508465747GalaLetras2015Lugo-por-AlfredoLopezTokio-0181431508467258GalaLetras2015Lugo-por-AlfredoLopezTokio-0231431508468193GalaLetras2015Lugo-por-AlfredoLopezTokio-0271431508469018GalaLetras2015Lugo-por-AlfredoLopezTokio-0311431508470734GalaLetras2015Lugo-por-AlfredoLopezTokio-0371431508471484GalaLetras2015Lugo-por-AlfredoLopezTokio-0411431508472814GalaLetras2015Lugo-por-AlfredoLopezTokio-047

Urco e Contos Estraños pasarán a ser unha soa editora a partir do mes de Xullo de 2015

Urco editora, oUrco Editora selo senlleiro no eido da literatura fantástica en lingua galega e mais Contos Estraños editora, proxecto xurdido de xente vinculada á primeira, rubrican nestes días un acordo de fusión, polo que Contos Estraños pasará a constituír un selo especializado dentro de Urco.
Este acordo, nacido da vontade de ambas as dúas partes para dar un pulo definitivo á escena emerxente de autoras e autores en lingua galega que se dedican aos xéneros da fantasía, a anticipación e o terror, permitirá mellorar a visibilidade das publicacións de ambas as dúas, mellorar a comunicación co público final e potenciar a presenza dos títulos nas canles de distribución.
Velaquí os puntos fundamentais desta fusión, en palabras dos editores David Cortizo Conde, Fernando M. Cimadevila e Tomás González Ahola, responsábeis da mesma.
Consideramos que neste momento no que está a abrollar unha auténtica xeración de autoras e autores de narrativa fantástica en lingua galega, as dúas editoras especializadas na Galiza debemos estar á altura das circunstancias e embarcarnos nun proxecto máis amplo e global para axudar a normalizar e prestixiar un xénero literario central en todas as literaturas modernas do mundo.
– Contos Estraños Contos estrañoseditora naceu no seo de Urco, da man dun dos seus editores (Tomás González Ahola) e dun dos seus autores (Fernando M. Cimadevila). Naquela altura Urco editora era un proxecto case aletargado que non era quen de dar resposta ás necesidades que esixía o noso sistema literario. Andados uns anos de traballo intenso e grandes esforzos, Urco converteuse nunha editora profesional e de primeira liña, e Contos Estraños nun proxecto cheo de enerxía creativa. Por isto pensamos que ambas as dúas son elos fundamentais da mesma cadea de valor.
– Contos Estraños continuará o seu labor de descuberta e promoción de autoras e autores como selo especializado dentro de Urco, e servirá asemade como espazo de experimentación e innovación, necesarias ambas as dúas para avanzar na construción dunha literatura fantástica forte na nosa lingua.
– Urco editora achegará a súa experiencia, a súa capacidade loxística e as vantaxes que ofrece ter a súa propia imprenta (Sacauntos Cooperativa Gráfica), polo que pensamos que máis que competidores, sempre fomos complementarios.
– O noso obxectivo a curto e a medio prazo é aumentar o volume de publicacións e de liñas editoriais, dar cabida a novas ideas, propostas e autoras dentro do sistema literario galego, e crear un camiño de continuidade para as publicacións do xénero que nos leve a ser o seu maior referente dentro da literatura galega.

En Compostela, a 18 de Xuño de 2015″

Os marcos da creación

Desde Cultura Galega:
“Todo territorio con creadores ten lugares emblemáticos e icónicos que os escritores recollen e recrean nos seus textos. Coa axuda do crítico Armando Requeixo, tentamos analizar cales son os espazos representativos da cidade de Mondoñedo que ficaron reflectidos para sempre na literatura, canda as súas casas e as “ágoras literarias”, os lugares nos que entraban en contacto con outros creadores. Un interesante exercicio para ver como territorio biográfico, urbanidade e imaxinación se diferencian nunha pequena vila.

Aquí podes consultar a selección de textos literarios realizada por Armando Requeixo e que están vinculados aos espazos literarios que figuran no mapa. Podes lelos pola túa conta, ou clickar nos espazos respectivos no mapa interactivo. Se observas, na esquina superior esquerda do mapa, podes ver un recadro no que, clickando, despregas todos os espazos.

Nesta ligazón pódese acceder ao recurso actualizado.