O
mércores 14 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o libro Meu pai vaite matar, de María Xosé Queizán, publicado en Xerais. No acto, acompañando á autora, participa Manuel Bragado.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Santiago: presentación de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco
O
mércores 14 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, publicado en Laiovento. No acto, no que intervirá xunto á autora Francisco Pillado, haberá unha actuación musical de Pilo Sierra, proxectándose a seguir un capítulo do documental As silenciadas, da autoría de Pablo Ces, que acaba de ser galardoado co premio Memòria i Justícia Universal no III Festival Internacional de Dereitos Humanos de Santa Coloma de Gramenet..
Francisco Castiñeira gaña o Certame Literario de Narrativa Breve do 90º aniversario da Federación de Asociaciones Gallegas de Arxentina
“A
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina informa os nomes de quen resultaron gañadores do Certame Literario de Narrativa Breve, organizado no marco do 90º aniversario desta institución, baixo a temática Vivencias da emigración galega. O Primeiro Premio recaiu en Francisco Castiñeira Romar, coa súa obra Sobre maletas. O autor, nado en Suíza en 1977, de pais galegos, reside actualmente en Regensburg, Alemaña. O segundo premio correspondeu a María Rosa Iglesias López, polo seu relato Las voces del silencio. Por expreso pedido do Xurado, formado por Débora Campos Vázquez, Andrea Cobas Corral e Hernán Díaz, o terceiro premio foi compartido por tres autores: Xulio Romero Suárez, polo seu traballo O artista de Senande, Manuel Iglesias Iglesias pola súa obra Jornal duma viagem em 1990, e Horacio Rodio Sein polo seu texto No es que no vuelva porque me he olvidado. O acto de entrega dos premios, con entrada libre e gratuíta, terá lugar o venres 16 de decembro, desde as 18:30 horas, na Federación, ubicada en Chacabuco 955, do barrio bonaerense de San Telmo.”.
Agradecemos ao autor premiado, Francisco Castiñeira, o envío da información, ao tempo que lle enviamos os nosos parabéns polo premio.
Entrevista Guerra da Cal ao investigador José Luís do Pico Orjais
Desde a Academia Galega da Língua Portuguesa:
“Dentro do ciclo de entrevistas Guerra da Cal que a AGLP realizou durante o Colóquio homenagem a Ernesto Guerra da Cal dedicado ao intelectual ferrolano, em 11 de outubro de 2011, quisemos fazer umas perguntas ao investigador José Luís do Pico, que participou no evento com a palestra intitulada Ernesto Guerra da Cal e a música, virada sobre o interesse de Guerra da Cal na música e na interpretação com instrumentos como a gaita ou a guitarra, as pegadas que deixou sobre isso na sua poesia e as obras musicais que foram compostas sobre alguns dos seus poemas.”
O concurso literario sobre Ciencia, Inspiraciencia, agora tamén en galego
“O
luns 12 de decembro dá comezo unha nova edición de Inspiraciencia, segunda edición dun certame que o ano pasado conseguiu unha altísima participación no conxunto do Estado. Ata o de agora só podían presentarse orixinais en castelán e catalán. Dende hoxe, tamén en galego pois a Editorial Galaxia decidiu participar este ano na organización poñendo así a disposición dos e das que escriben en galego a posibilidade de concursar na lingua propia de Galicia. O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) é quen convoca a segunda edición de Inspiraciencia, concurso de relatos de inspiración científica no que poden participar públicos de todas as idades. (…).
Os relatos poderanse publicar na súa web ata o 15 de marzo de 2012.
O concurso ten dúas categorías (xuvenil, para participantes de entre 12 a 17 anos, e adultos, a partir de 18 anos) e dúas modalidades, relatos curtos, cunha extensión mínima de 800 palabras e máxima de 1.500, e microrrelatos, cunha extensión máxima de 500 palabras. Como novidade desta edición, ademais dos idiomas catalán e castelán, as obras tamén se poden presentar en galego. Cada concursante poderá publicar un relato para cada modalidade.
Para cada categoría e modalidade haberá un premio institucional e un premio do público. Para o primeiro, un xurado formado por figuras recoñecidas dentro do mundo da cultura avaliarán as contribucións e emitirán a súa resolución. O premio do público decidirano os internautas por votación online unha vez pechada a recepción de relatos. O acto de entrega de premios está previsto que se celebre en abril de 2012. (…)” Vía Galaxia.
Santiago: presentación de Formas da indefinición, de Ignacio Castro
O
mércores 14 de decembro, ás 20:00 horas, na Sala de Conferencias da Fundación Araguaney (Rúa Montero Ríos, 25-47), preséntase o libro Formas da indefinición, de Ignacio Castro, publicado por Axóuxere, xunto á reedición de Roxe de Sebes, publicada pola Fundación Luís Seoane. No acto, acompañando ao autor, participan Rafa Xaneiro, Alberto Ruiz de Samaniego e Alberto Sucasas.
O Dicionario Xurídico Galego achega 2.000 entradas de léxico especializado
“O
secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaba na tarde do luns 12 de decembro en Compostela o Dicionario Xurídico Galego, un proxecto pioneiro neste campo. A obra, promovida pola Revista Xurídica Galega e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ve a luz da man de Edicións Xerais e achega aproximadamente dúas mil entradas, con conceptos esenciais de Dereito, información crítica sobre a lexislación estatal e mais termos e institucións propias do Dereito Civil galego. Segundo sinalou Lorenzo, o traballo é “unha obra monumental coa que a nosa lingua acode a unha nova cita coa historia”. O novo dicionario contou coa participación de 120 especialistas e desenvolveuse ao longo dos últimos catro anos.” Vía Cultura Galega. Tamén en Xerais.
Santiago: presentación de Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba, de Fernando Manrique
O
mércores 14 de decembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación de Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba, de Fernando Manrique, publicado en Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, Víctor F. Freixanes, Roberto Varela e propio Rogelio Groba.
A Coruña: presentación de Sombras famentas e outros contos para ler de noite, de Jacobo Sánchez-Feijoo
O
mércores 14 de decembro, ás 19:30 horas, no FNAC (Praza de Lugo, s/n.) da Coruña, preséntase o libro Sombras famentas e outros contos para ler de noite, de Jacobo Sánchez-Feijoo, publicado por Urco Editora.
I Certame de Contos de Nadal en lingua galega do Concello de Melide
O Concello de Melide convoca o I Certame de Contos de Nadal en lingua galega, para autores entre 6 e 16 anos. O prazo para enviar os orixinais remata o 20 de decembro de 2011. As bases completas e o boletín de envío pódense descargar na seguinte ligazón.