Reportaxe
en Cultura Galega sobre Valentín Paz-Andrade:
“A cultura galega como un auténtico potencial espiritual e económico, a aproveitar as posibilidades internacionais da nosa lingua de cara á lusofonía. Esta é, moi resumida, a visión que tiña Valentín Paz Andrade, homenaxeado no Día das Letras de 2012, sobre este ámbito noso país. Debullamos os riscos principais do seu pensamento nesta área da man do seu libro Galicia como tarea e coa axuda do escritor e investigador Miguel Anxo Seixas. Non é sinxelo, nos nosos días, coñecer polo miúdo o pensamento de Valentín Paz Andrade. A maior parte das súas obras están esgotadas e levan anos sen se reeditar. Galicia como tarea auténtico manifesto que recolle as súas ideas sobre o futuro do país foi editado orixinalmente en 1959 e é difícil de atopar. Pendentes das múltiples reedicións e análises que nos agardan nos vindeiros meses, achegámonos ao pensamento deste multifacético galeguista. (…)”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
‘César Antonio Molina di que Cunqueiro imprimiu estilo ”orixinal” á poesía e narrativa’
“O
escritor e ex ministro de Cultura César Antonio Molina asegurou hoxe que Álvaro Cunqueiro outorgou á poesía e á narrativa un estilo “propio orixinal”. Molina pronunciou esta mañá a conferencia inaugural do congreso Mil e un Cunqueiros, organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coas tres universidades galegas para conmemorar o centenario do escritor (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981). O ex ministro dixo de Cunqueiro que foi o escritor galego “máis importante do século vinte” e relatou as súas experiencias con Álvaro Cunqueiro, ao que coñeceu nos anos sesenta, así como as lecturas que realizou sobre a súa obra. (…) “Foi sempre un autor que invadiu a poesía e a narrativa intercomunicando ambos os xéneros cun estilo propio orixinal”, dixo Molina de Álvaro Cunqueiro. O ex ministro cualificou ao autor mindoniense como un home “escéptico” e agregou que Cunqueiro “comprendeu que as posibilidades de sobrevivir culturalmente era a través da imaxinación”. Ademais, destacou que, como narrador, Álvaro Cunqueiro foi bilingüe e que no campo do xornalismo utilizara fundamentalmente o castelán, mentres que cando escribía poesía escribía en galego e “era profundo e consustancial”. A César Antonio Molina precedeuno no uso da palabra o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, que destacou o “poder de atracción” de Álvaro Cunqueiro. Villares sinalou que Cunqueiro “conta moitas cousas que remiten a mundos que coñecemos máis ou menos directamente”, pero precisou que “convén” imprimir “universalidade a eses mundos de Cunqueiro”.” Vía Galiciaé. Reseñado tamén en Cultura Galega, Xornal, Galicia Hoxe e La Voz de Galicia.
Santiago: presentación de Desobediencia, de Rosa Enríquez
O
xoves 29 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o poemario Desobediencia, de Rosa Enríquez, editado por A Porta Verde do Sétimo Andar, como o número 4 dos Q de Vian Cadernos. No acto estarán presentes, acompañando á autora, Anxo Angueira, Begonha Caamanho e Alberte Momán.
Lugo: presentación da revista oral O pazo das musas
O
xoves 29 de setembro, a partir das 20:00 horas, no refectorio do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n.), presentación do número 27 da revista oral O pazo das musas, revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). O sumario é o seguinte:
– Portada musical: Cada vez que considero (trad., arranxo de Fernando G. Jácome), por Tundal (3 minutos).
– Memoria das mulleres invisibles de 1936: Maruxa Mallo no mar do exilio, por Carme Vidal (10 minutos).
– Música: Vals dos Ribas de Miño (trad.), por Tundal (3 minutos).
– A obra de Maruxa Mallo no Museo Provincial de Lugo: por María Quiroga Figueroa (10 minutos).
– Música: Por ir de noite/ Vals de Brea (trad., arranxo de Xan Fuertes), por Tundal (3 minutos).
– Poesía: Lenzos de emocións, por María Xosé Lamas (5 minutos).
– Música: Romance (trad.), por Tundal (3 minutos).
– Memoria das mulleres invisibles de 1936: O desgarro da represión: Mercedes Núñez e Syra Alonso, por Carme Vidal (10 minutos).
– Música: Pasei pola túa porta (trad.), por Tundal (3 minutos).
– Exposición virtual: De unha obra abandonada, por María José Santiso (10 minutos).
– Música: Pandeirada de Viveiro (trad.), por Tundal (3 minutos).
– Memoria das mulleres invisibles de 1936:Modernas e de vangarda: Mª Luz Morales, Amparo Alvajar e María Casares, por Carme Vidal (10 minutos).
– Poesía: Chaira, por María Xosé Lamas (5 minutos).
– Opinión: Intervención do público. Entrega de diplomas aos amigos/as da revista (5 minutos).
– Epílogo: por Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo (3 minutos).
– Contraportada musical: Maneo de Fontela (trad.), por Tundal (3 minutos).
Santiago: presentación de Leccións de cousas, de Antón Reixa
Vigo: nova edición de A hostia en verso, Neofalantes VS. Paleofalantes
O
xoves 29 de setembro, ás 20:00 horas, na A. C. Bou Eva de Vigo (Rúa Terzo de Fóra, 11), terá lugar unha nova edición de A hostia en verso. O día internacional da tradución inspirou esta pelexa, que enfrontará a Neofalantes VS. Paleofalantes. Os poetas-púxiles que participarán nesta intensa velada son: Daniel Landesa, Xabier Xil Xardón, Neves Soutelo, Nolim González, Eduardo Estévez e Ledicia Costas, presentados por María Lado e Lucía Aldao. Todo isto estará amenizado por O Leo i Arremecághona!
A Coruña: presentación de Madeira de mulher, de Adela Figueroa
O xoves
29 de setembro, ás 20:00 horas, no local de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) na Coruña, preséntase o libro de relatos Madeira de mulher, de Adela Figueroa, publicado en Edicións do Castro. No acto, xunto á autora, participan Felipe Senén López e Pilar García Negro, acompañados pola actuación musical de Xurxo Souto.
Ourense: presentación de Aforismo limitado de pensamento e sentido común, de Jorge Emilio Bóveda
O
xoves 29 de setembro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública de A Ponte (Praza Mestre Luis Fernández, s/n.) de Ourense, preséntase Aforismo limitado de pensamento e sentido común, de Jorge Emilio Bóveda, editado en Liberlibro polo propio autor.
Vigo: presentación de Sermos Galiza
O
xoves 29 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) de Vigo, e organizado pola Asociación Cultural O Castro, terá lugar a presentación do proxecto Sermos Galiza, con Marga Romero e Néstor Rego. Este proxecto convoca a sociedade máis concienciada na procura dos apoios precisos para a posta en funcionamento dun semanario en papel e dun diario dixital en galego que teñan a Galiza como centro da súa atención informativa.
Pontevedra: presentación de Cartas de Ramón Cabanillas a Isidoro Millán en modo de antífona
O
xoves 29 de setembro, ás 20:00 horas, no Centro de Maiores Novacaixagalicia do Café Moderno de Pontevedra, preséntase a obra Cartas de Ramón Cabanillas a Isidoro Millán en modo de antífona, publicada polo Centro Ramón Piñeiro. No acto estarán presentes Anxo Lorenzo, Francisco Fernández Rei e Xosé Luís Méndez Ferrín.
