O
venres 11 de febreiro, ás 20:00 h., na Libraría Aira das Letras de Allariz preséntase o libro Abelcebú, de Carlos Negro, publicado en Edicións Positivas. No acto, que definen como un aquelarre literario, participan, co autor, Paco Macías (editor) e o titiriteiro Iñaki de Lalín (esconxurador) “para tentar representar ao demo”, segundo comentan os seus participantes.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
A Coruña: presentación de O Soldadiño de Chumbo
O
sábado 12 de febreiro ás 12:00 h., no CGAI (Rúa Durán Loriga, baixo) da Coruña, preséntase o clásico de Hans Christian Andersen, O Soldadiño de Chumbo, publicado por Galaxia, e que vén acompañado do DVD coa película producida por Continental, do que tamén se preparou unha unha aplicación para iPad. No acto intervirán Tomás Conde e Virginia Curiá, directores da película, e o editor do libro, Francisco Castro. Visionarase a película e os asistentes poderán experimentar coa aplicación do conto para iPad.
A Coruña: presentación da campaña 1 de 200, de Implicadas no Desenvolvemento
O sábado
12 de febreiro, a partir das 12:30 h., no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, e organizada por Implicadas no Desenvolvemento, preséntase a campaña “1 de 200” e proxección de “Quererás ser” e outras pezas audiovisuais, coa intervención de María Reimóndez, Yolanda Castaño e Antón Reixa.
A presenza creadora de Lois Pereiro
Pontevedra inaugura o Roteiro Xoán Manuel Pintos
A autopsia de Lois Pereiro por Xesús Chichi Campos
Viveiro: representación de Pisados, de Gustavo Pernas, por Áncora Produccións
O
sábado 12 de febreiro, a partir das 20:30 h., no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, terá lugar a representación de Pisados, por Áncora Produccións, sobre un texto de Gustavo Pernas, cunha duración aproximada de 75 minutos. Nesta obra trátanse temas tan actuais como: as linguas pisadas, a marxinación, a crise, a emigración, o maltrato, a intolerancia, o totalitarismo, o amor, a solidariedade… a través da personaxe de Botamán de Melide, que nos vai descubrindo os seus segredos e nos convida a espertar os nosos sentidos atrofiados polas falsas expectativas dunha sociedade xorda. Recuperamos a personaxe do green man moi presente no mundo celta para o noso teatro, con este texto cheo de lecturas con arrecendos cunqueiráns e valleinclanescos. Unha dramaturxia actual para un público de hoxe.
Convocado o premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2011
A Coruña: presentación do libro A frecha azul do teixo, de Eva Veiga
O venres
11 de febreiro, a partir das 20:00 h., na sede de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, preséntase o libro de poemas A frecha azul do teixo, de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, coa autora, Teresa Seara, Francisco X. Fernández Naval, Miguel Anxo Fernán-Vello, e finalizará cunha actuación do Grupo Ouriol (Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez).
Vigo: presentación de Fundación Libélula, de Yashmina Shawki
O
venres 11 de febreiro a partir das 19:45 h., na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, preséntase o libro Fundación Libélula, de Yashmina Shawki, publicado en Xerais. O acto contará coa participación de María Xosé Queizán, Manuel Bragado e a propia autora.