O domingo 9 de xuño, ás 17:00 horas, no Xardín das Pedras que Falan (no Parque de Fonseca), en Santiago de Compostela, terá lugar o acto de descubrimento das pedras dedicadas ás escritoras Nolwenn Korbell, bretoa, e Adania Shibli, palestina. A inauguración será introducida polo poeta Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela. A ensaísta e catedrática de Francés María Lopo, tradutora da autora bretoa ao galego, presentará e traducirá a Nolwenn Korbell. Sara Ashour, universitaria nacida en Gaza e criada e graduada en Galicia, traducirá ao galego a intervención en árabe de Adania Shibli.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
A Corunha: III Encontro investigador sobre poesia galega actual
Pontevedra: Xurxo Souto presenta Somos un pobo de artistas
A Coruña: Xurxo Souto e Isidro Dubert presentan as súas obras no Mar de Mares
Piñor: entrega de premios do XXVII Certame Literario de Piñor de narracións breves 2024
-Na categoría A (maiores de idade):
1.- Xosé Alfredo Naz Fernández, de Vigo.
2.- Sandra Fernández Prado, de Poio (Pontevedra).
-Na categoría B (de 13 a 17 anos):
1.- Hugo Martínez Bizarro, de Ourense.
2.- Iker Pérez Álvarez, da Pobra de Trives.
-Na categoría C (alumnado de Educación Primaria):
1.- Lois González Fernández, de Barbadás.
2.- Álex González González, de San Cibrao das Viñas.
Cambados: acto de recepción como académico de honra de Takekazu Asaka na Real Academia Galega
Carballo: sesión do clube de lectura de Espiral Maior Foro arredor de Xente de aquí e de acolá, de Álvaro Cunqueiro
Lalín: presentación de Mamá, sorrí sempre, de Ana Cela
Crónica fotográfica da participación galega nas Xornaes Lliteraries Na rexa la mar, en Candás
Estas son varias fotografías das Xornaes Lliteraries Na rexa la mar, organizadas pola Asociación de Escritoras/es de Asturias o 31 de maio e 1 de xuño, onde participou, en representación da AELG, Marta Dacosta. A crónica fotográfica pode verse tamén aquí.










