O
Concello de Arteixo, para contribuír ó desenvolvemento da narrativa galega e honrar ó noso Patriarca, convoca con carácter anual o Premio Manuel Murguía coas seguintes
BASES
1. Poderán concorrer tódolos autores que o desexen con unha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.
2. Os relatos deben ser orixinais e inéditos, dunha extensión non inferior ós 15 folios nin superior ós 30, escritos con letra corpo 12 e en tamaño DIN A4.
3. Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a duplo espazo, por unha soa cara e só co título da obra e un lema. Xuntarase unha copia do texto nun CD en formato PDF. Nun sobre pechado achegaranse o título, o lema, o nome, o enderezo, o teléfono e o currículo do autor/a.
4. As obras deben enviarse facendo constar no sobre 20º Certame Manuel Murguía de Narracións Breves, antes do 1 de marzo de 2011 ó seguinte enderezo:
Concello de Arteixo
Praza Alcalde Ramón Dopico, 1
15142 Arteixo
A Coruña
5. Co gallo do 20 aniversario, establécense 3 premios dotados con 3.703,70 €, 1.234,57 € e 617,28 €, sometidos ás correspondentes retencións. Os galardóns poderán declararse desertos.
6. O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2011.
7. Os/as 3 finalistas deberán estar presentes o día da entrega para recibir os premios.
8. Os orixinais non premiados poderán ser devoltos, sempre que o soliciten os seus autores por escrito no prazo máximo de un mes a partir do fallo.
9. Os/as finalistas e os/as autores/as premiados/as renuncian ós seus dereitos no caso que o Concello edite os textos e se fixeren outras edicións farán constar que foron premiados/as neste certame.
10.A interpretación destas bases corresponde exclusivamente ó xurado. O feito de participar no certame supón a aceptación das presentes bases.
Arteixo, novembro de 2010.
Máis información neste enlace. As bases poden descargarse, en formato .pdf., aquí.
Clube de Lectores
Centro Cultural Rosalía de Castro ROAC nº 2045
Asociación Cultura A Pipa, de Becerreá, convoca o ![ATENEA Especial Relatos Curtos [atipico nadal].cdr](https://axendacultural.aelg.gal/wp-content/uploads/2010/11/ATENEA-Especial-Relatos-Curtos-atipico-nadal-1024x723.jpg)

o IV Premio de relatos da
cuarto ano consecutivo a 