Arquivos da etiqueta: Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo
Lugo: XV Xornada de Literatura de Tradición Oral. Entroido: transgresión e tradición, o 22 de outubro
A XV Xornada de Literatura de Tradición Oral. Entroido: transgresión e tradición é unha iniciativa da AELG co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega. Terá lugar o 22 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).
A inscrición é obrigatoria e previa, seguindo estes criterios:
– As persoas que queiran dispor da homologación da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, por un total de 8 horas, deberán inscribirse directamente a través da páxina web da AS-PG
– As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia por parte da AELG, e aquelas que queiran asistir sen obter homologación nin certificado, deberán incribirse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org Nel indicarase o nome, apelidos e Documento de Identidade.
No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes nese momento.
PROGRAMA
– 10.15 Recepción, entrega de material e inauguración
– 10.30-11.30 Conferencia
Variedades de sons, músicas, voces, contos e rivalidades nalgúns dos entroidos galegos: tradición e aculturación
Felipe Senén
– 11.30-12.30 Conferencia
O mundo do revés: Teatro de entroido en Galicia
Julio I González Montañés
Nacido en Ferrol en 1962 é licenciado en Xeografía e Historia e doutor coa tese Drama e iconografía en el arte medieval peninsular (siglos XI-XV). Publicou traballos sobre arte galega, iconografía e etnografía, e nos últimos anos centrou a súa actividade investigadora no estudo e catalogación das manifestacións teatrais en Galicia anteriores a 1750. A súa bibliografía completa pódese consultar no seu portal Web (www.teatroengalicia.es).
– 12.30-14.00 Mesa redonda
Entroido e ocultación: profundando no envés do ritual
Felipe Senén e Julio I González Montañés
Coordina: Lois Pérez
– 16.00-17.00 Conferencia
Os entroidos históricos da bacía do Támega: as súas máscaras tradicionais
Nieves Amado Rolán
Natural de Laza (Ourense), exerce como arqueóloga profesional desde fai máis de 30 anos. Licenciada en Xeografía e Historia pola USC, e posgrao co mestrado en Técnicas de Xestión Integral do Patrimonio Cultural, rama de Arqueoloxía (USC_CSIC_Xunta de Galicia).
Actualmente forma parte da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega e do Grupo de Investigación arqueolóxica da Univ. de Vigo, GEAAT.
Na actividade arqueolóxica profesional, abordou todo tipo de proxectos en Galicia. Tamén traballou nos eidos da documentación histórica aplicada ao patrimonio cultural e no campo da etnografía material e inmaterial.
Colabora activamente en proxectos culturais desenrolados na Comarca de Monterrei, ligados ao asociacionismo cidadá.
Na valorización e difusión do campo que nos ocupa, o Entroido, colabora e publica artigos desde fai varios anos no monográfico anual do “Entroido en Galicia” do xornal O Sil. Publicou artigos na revista Auria, na rev. Ágora do Orcellón (O Entroido galego na Idade Media), no extinguido colectivo Homo Ludens, folletos da Deputación de Ourense, en varios xornais etc. Tamén ten dado varias conferencias sobre os entroidos da bisbarra do Támega, a última nas “X Xornadas sobre o Entroido en Galicia” organizadas pola SAGA en Pontevedra, en marzo deste ano 2022.
– 17.00-18.00 Conferencia
Viaxe polo mundo da máscara
Mercedes Vázquez Saavedra
Comezou a andiana profesional, dando aulas no Colexio da Asunción de Sarria, Lugo, traballo que estivo moi pouco tempo, porque axiña pasou á administración, na area de Asuntos Sociais. Trabalhou máis de 40 anos, como directora de centro, de Asuntos Sociais, e coordinou actividades socioculturais nos centros de Asuntos Sociais da Delegación de Lugo, Xunta de Galiza. Sendo seu último posto de traballo, por concurso obrigatorio, como directora do Centro Sociocultural de Xinzo de Limia, posto do que tomou posesión, pero non se incorporou.
Por outra banda, estivo mergullada ao mundo da escrita. Foi autora da Guía da Ribeira Sacra, coa colaboración nesta guía de Carmen Vázquez. P Batallón, e a Guía do Courel de Galaxia e Guía da Pobra do Brollón, encargo do concello da Pobra editada por Galaxia (roteiros ao modo de libros de viaxe), Mercedes correu ao cargo das fotos e textos.
No mundo da Máscara está mergullada dende hai moitos anos, nos que levou ao cabo diferentes pesquisas co fin de investigar as máscaras do rural. A ese primixenio traballo seguiron outros de recolleita oral e fotográfica da MÁSCARA IBÉRICA, máscaras de Galiza e Portugal e doutras comunidades da península. Mercedes colaborou e segue a colaborar na difusión da Máscara con exposicións fotográficas, por Galiza e Portugal, encontros da máscara etc. Mercedes Vázquez Saavedra é secretaria dos Organos Sociais da Académia Ibérica da Máscara con sede en Bragança.
– 18.00-19.30 Mesa redonda
Tras a máscara. Liturxia e simbolismo
Nieves Amado Rolán e Mercedes Vázquez Saavedra
Coordina: Antonio Reigosa
– 19.30-20.30 Sesión práctica
Achega á Máscara de Entroido. Unha visión desde dentro
Xosé Manuel Seixas
Souto de Torres (Castroverde) 1971. Deseñador gráfico de titulación e artesán de vocación, formeime tanto en cursos específicos como no mundo laboral, ou co contacto directo con artesáns e artesás en diferentes campos (coiro, madeira, cartón falleiro, cestería, costura, la, papel, metal…) centrando o meu traballo nas marionetas e, especialmente, no eido da máscara; nunca de xeito profesional. Descubrín e sentinme fascinado polo mundo do Entroido tradicional hai décadas, visitando Entroidos tanto galegos como da península ou da Sardeña, investigando desde un principio o seu significado e formas, estética e elaboración. Desde hai anos tiven a honra de acceder a ese fantástico universo desde dentro, vestindo traxes ceremoniais de Santiago de Arriba (Chantada): Meco, Volante e Maragato ou de Maceda: O Felo, e participando esporadicamente noutros. Froito de estar neste privilexiado espazo, empecei a contactar internamente con outros por medio das Xuntanzas de Entroidos ou visitas privadas a artesás e artesáns e portadores/as das vestimentas de diferentes lugares, así como a investigadores ou persoas maiores que lembraban algún xa desaparecido. Isto facilitoume o traballo que levo facendo desde hai anos no estudo e elaboración das máscaras tradicionais de Entroido, aplicando tanto saberes antigos trasmitidos de xeración en xeración, como o estudo de posibilidades de fabricación alternativas a materiais de nova incorporación.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Lugo: actividades do 17 de maio da Feira do Libro 2022
Ribadeo: Letras no Campo. VIII Feira Ribadense do Libro 2022
Outeiro de Rei: Xurxo Souto, XX anos de literatura. Celebración!
Monforte de Lemos: Xornada “Cen anos soñando o destino”
Outeiro de Rei: concerto Poemas no peito, con Luís Caruncho
XIV Xornada de Literatura de Tradición Oral. O medo é libre. Os mecanismos do medo na literatura de tradición oral, o 30 de outubro
A XIV Xornada de Literatura de Tradición Oral. O medo é libre. Os mecanismos do medo na literatura de tradición oral é unha iniciativa da AELG co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega.
A XIV Xornada de Literatura de Tradición Oral terá lugar o 30 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).
A inscrición é obrigatoria e previa, seguindo estes criterios:
– As persoas que queiran dispor da homologación da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, por un total de 8 horas, farase directamente a través da páxina web da AS-PG
– As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia por parte da AELG, e aquelas que queiran asistir sen obter homologación nin certificado, deberán incribirse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org Nel indicarase o nome, apelidos e Documento de Identidade.
No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes nese momento.
O medo é o temor xeralmente irreflexivo ao descoñecido e unha das emocións básicas, primarias e universais do ser humano.
Existe un medo necesario, que actúa en nós como mecanismo imprescindible para a nosa propia supervivencia, intrínseco, pero que hai que aprender a modular e combater, unha emoción que forma parte da nosa herdanza cultural e da propia experiencia. Énos moi útil pois sérvenos para detectar e prever os perigos que nos poden afectar física ou psicoloxicamente.
Pero hai outro gran tipo de medo, o que exercen uns conxéneres sobre outros de múltiples maneiras, usando toda clase de medios, coa finalidade exclusiva de sometelos á vontade dunha persoa, dun grupo ou dun poder tirano. Este tipo de medo é, probablemente, a arma máis poderosa que existe.
Por tanto, o medo é innato ao ser humano pero tamén arma de control das persoas des que nacemos, individual e colectivamente.
– 10.15 Recepción, entrega de material e inauguración
– 10.30-11.30 Conferencia: O medo non é libre.
Ana Carreira
Titulada Superior en Arte Dramática na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia pola ESAD de Galicia, entra en contacto co mundo teatral da man de Achádego Teatro e da Aula de Teatro da USC. Complementa estas experiencias cunha ampla formación tanto no eido da interpretación como na narración oral e a dramaturxia.
Como narradora oral posúe unha extensa experiencia en moi diversos ámbitos: festivais e ciclos de narración oral, programas de televisión, campañas escolares, itinerarios culturais, campañas de animación á lectura e rotas literarias, como a da novela A praia dos afogados, organizada polo Editorial Galaxia.
Tamén exerce a docencia sobre narración oral no Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do Concello de Vigo.
Na actualidade combina a súa faceta de narradora oral coa de dramaturga e é membro de UBÚ TEATRO e PÍNCONÚS
– 11.30-12.30 Conferencia: Días de contar e cantar: poemas para escorrentar o medo.
Federico Martín Nebras
Escritor, contacontos e especialista en Literatura Infantil e Xuvenil, destaca a importancia de educar os nenos e nenas a través do xogo, do canto e da tradición oral para que poidan ler o mundo a través das palabras. Alén diso, resalta a necesidade de inculcar a lectura desde o nacemento como unha forma de alimentar a alma.
– 12.30-14.00 Mesa redonda: Onde habitan os monstros, mais… habita a palabra?
Ana Carreira e Federico Martín Nebras
Coordina: Lois Pérez
– 16.00-17.00 Conferencia: Arco da Vella, vaite de aí… Relatos míticos que explican porque esconxuramos ó Arco.
Lidia Mariño
Nacida en Portosín en 1984. Diplomada en Fisioterapia, actualmente atópase cursando o Grao de Antropoloxía Social e Cultural na Uned. Realizou varios cursos de extensión universitaria sobre antropoloxía, mitoloxía e ritualística galega; así como de investigación etnográfica, rituais con máscara e crenzas medievais.
En 2012 publica a novela histórica La verdad del bufón e no 2018 participa no libro colectivo “Achegas ao Patrimonio Inmaterial Galego”. Ten publicados numerosos artigos -así como tamén impartido conferencias- sobre diversos aspectos da mitoloxía, os ritos e as crenzas galegas. O seu tema fundamental de investigación é a figura da Vella mítica, que estuda aplicando os métodos da mitoloxía comparada. A esta personaxe está dedicado o seu blogue “Tralas pegadas da Vella”.
– 17.00-18.00 Conferencia: As caras do medo: Narrativas, tipoloxías e caracterizacións na mitoloxía popular galega.
Antonio Reigosa
O medo forma parte da realidade vital e emocional das persoas des que nacen, por iso se expresa simbolicamente e forma parte do imaxinario da humanidade. Segundo a idade da persoa, o lugar e as circunstancias a cultura popular tradicional galega creou diferentes figuras do medo que analizaremos e describiremos.
Naceu en Zoñán, Mondoñedo, 1958. Na actualidade é Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística da Deputación de Lugo e Cronista oficial de Mondoñedo.
Escritor, investigador e divulgador da mitoloxía popular, da literatura tradicional e cultura oral. Cofundador do Grupo de Investigación Etnográfica Chaira. Creador en 2005 da enciclopedia virtual Galicia Encantada (galiciaencantada.com) polo que recibiu o Premio Follas Novas do Libro Galego 2021.
Desde a Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), impulsou con Isidro Novo e Lois Pérez proxectos como as Polafías, os premios Mestres da Memoria e as Xornadas de Literatura de Tradición Oral.
Membro do “Comité de Expertos en investigación de campo” do proxecto Corpus de Literatura Oral da Universidade de Jaén.
– 18.00-19.30 Mesa redonda: O medo na mitoloxía popular. Figuras e contexto.
Lidia Mariño e Antonio Reigosa
Nesta mesa abordarase o tema do medo e das súas manifestacións individuais e colectivas desde o punto de vista da mitoloxía popular, as diferentes figuras que o representan e a súa pervivencia no imaxinario colectivo.
Coordina: Cesáreo Sánchez Iglesias
– 19.30-20.30 Sesión práctica: De medos, maxias, músicas e beleza.
Benxamín Otero
Oboísta dende o 1989, formado na clásica Benxamín Otero non tardou en abrir as posibilidades que lle daba a música a outros terreos, non só musicais senón de outras disciplinas. Mestre de Óboe e Historia da Música no Conservatorio de Lalín, tamén foi durante moitos anos mestre de Linguaxe musical no Conservatorio de música tradicional e folque da mesma vila. Froito do contacto coas músicas tradicionais desembocan en grupos como Curitiba, Grodan defló, Linho do Cuco ou do espectáculo “Método cardiofónico” de Germán Díaz. Ten colaborado con Driade, Os Cempés, Marful, Guadi Galego, Uxía, Fuxan os Ventos, Ataque Escampe, Gelria, etc…
No mundo audiovisual é o compositor de bandas sonoras para videos comerciais, curtametraxes coma “Alzheimer” de Alex Sampaio, “Viento” de David Argüelles, ou o documental “Piedad” de Otto Roca. Traballou para a compañía de teatro Matarile nos espectáculos “Primeiro movemento para figuras brancas” e “Historia Natural” e a partir do ano 2009, entra a formar parte da compañía Fantoches Baj como actor, músico pero sobre todo compositor, realizando as músicas para os espectáculos da compañía, “O Asombro”, “Poesía última de LP”, “As pombas de Carboeiro” ou “Os vellos non deben de namorarse”entre outras.
Ultimamente está a realizar “No tempo dun café” xunto a Celso F. Sanmartín, un espectáculo onde se conxugan contos populares, músicas e maxias, “trece canción bonitas” facendo dúo con Germán Díaz ou o espectáculo musical de Faia “Ao cabo leirín”
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Faladoiros Que se pode facer co Patrimonio Inmaterial?, na Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria
Os Faladoiros Que se pode facer co Patrimonio Inmaterial? celébranse no marco da VI Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria a celebrar en Lugo, co apoio do Concello de Lugo e a colaboración da Deputación de Lugo, o xoves 28 de outubro ás 19:00 horas, no Salón de actos da Deputación de Lugo.
Para asistir a este acto é necesaria a inscrición previa no teléfono 981133233 ou a través do mail: oficina@aelg.org
REGUEIFA con Alba María e Sara Marchena
FALADOIRO: Que facemos nós co Patrimonio Inmaterial?
Interveñen:
– Mónica Fernández (Tradescola-As. Gaiteiros Galegos)
– Antonio Reigosa (Sección de Literatura Oral da AELG)
Modera: Lois Pérez
HISTORIAS DE FONTARÓN
Pepe Osorio e Suso Telo
ANÉCDOTAS E SUCEDIDOS DE DONCOS
Xosé Espín Mejía