Arquivo da categoría: Premios poesía: convocatorias
Convocado o Certame de Poesía María Mariño 2015
BASES
1.
Poderán participar todas as persoas maiores de idade que o desexen calquera que sexa a súa nacionalidade sempre que o seu traballo sexa escrito en galego.
2. Os poemas que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non presentados noutros concursos, sendo libres o tema e maila forma.
3. O V Premio María Mariño de Poesía estará dotado cun: Primeiro Premio de 300 € e un Segundo Premio de 200 €.
4. Cada concursante participará cun só poema, que non deberá exceder os CEN versos mecanografados a dobre espazo en formato DIN-A4, por unha soa cara e por quintuplicado.
5. Os poemas deberánse presentar baixo lema, indicando no sobre: PARA O V PREMIO DE POESÍA MARÍA MARIÑO. No interior do sobre que conteña o traballo , achegarase en sobre aparte, pechado e lacrado os seguintes datos: nome, apelidos, DNI ou pasaporte, enderezo e teléfono, da persoa autora do traballo así coma un resumo dos seus datos biográficos que non deberá exceder as quince liñas.
6. O Xurado cualificador estará integrado por cinco personalidades das letras e da cultura galegas actuando coma secretari@ con voz e sen voto una persoa, elixida pola directiva da asociación.
7. O fallo do Xurado será inapelable, a súa composición así como o nome dos galardoados, darase a coñecer a través dos medios de comunicación. Os galardoados recibirán comunicación directa por parte da organización.
8. A entrega dos Premios terá lugar nun acto poético en día a sinalar dentro da Semana das Letras Galegas 2015.
9. O prazo para a entrega dos traballos é improrrogable, rematando ás 12:00 horas do 16 de Abril do 2015.
10. Os poemas remitiranse a:
ASOCIACIÓN TEENSES POLA IGUALDADE
ESCOLA DE VILANOVA, 1º ANDAR. RECESENDE nº 43
15895- TEO- A CORUÑA
11. Os traballos gañadores quedarán en poder da Asociación Teenses pola Igualade que se reserva os dereitos sobre os mesmos.
12. Os traballos presentados non premiados deberán ser retirados polos autores previa identificación, no prazo de dous meses, dende a entrega do Premio. Transcorrido dito prazo procederase a súa destrucción.
13. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes Bases. Tódalas incidencias non previstas nas mesmas serán resoltas pola Directiva ou polo Xurado cando éste quede constituído.”
Bases do XXVII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé
Convocado o XXVII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Bases do XII Premio de Poesía Fundación Novacaixagalicia
Convocado o IX Certame de poesía erótica Illas Sisargas 2014
Bases do XL Certame Literario Concello de Vilalba
VII Concurso Literario Rosa de cen follas, do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Mañá sábado coñecerase a obra gañadora do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño
O
sábado 10 de maio reúnese o xuri do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, formado por Cristina Ferreiro, Xavier Rodríguez Baixeras e Miguel Mato Fondo, actuando como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar, ambos os dous con voz e sen voto.
A plica da obra gañadora abrirase ás 13:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Sárria e nese momento coñecerase quen é a persoa gañadora desta 14ª edición do Premio.
Bases do VII Certame de Poesía Victoriano Taibo-Entidade Local de Morgadáns
A Entidade Local de Morgadáns en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos convoca o VII Certame de Poesía VICTORIANO TAIBO – ENTIDADE LOCAL DE MORGADÁNS dotado con TRES MIL (3.000) € que se rexerá polas seguintes
1.- Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, escritos en lingua galega e non poderán ser adaptacións.
2.- Cada traballo consistirá nun ou varios textos poéticos, cunha extensión non inferior a 300 versos, que constitúan un conxunto.
3.- De cada obra presentarase orixinal e catro fotocopias. Os autores ou autoras concursarán polo sistema de plica. Os traballos faranse chegar por correo ao seguinte enderezo:
Apartado 30
36380, Gondomar
(Pontevedra)
4.- Os traballos presentados conservaranse durante un mes a partir da data de publicación da resolución do xurado e logo destruiranse os que non fosen solicitados polos seus autores ou autoras.
5.- O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 31 de xullo de 2014.
6.- O xurado estará presidido polo Presidente da Entidade Local de Morgadáns, ou persoa na que delegue, e actuará como secretario o Director do IEM, ou persoa na que delegue, ambos con voz pero sen voto. Estará constituído, ademais, por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario.
7.- A obra premiada será publicada polo IEM na colección Victoriano Taibo e non xerará dereitos de autor nesta primeira edición.
8.- O premio outorgado será único e indivisible. O xurado poderá declaralo deserto se estima que a calidade das obras presentadas así o aconsella.
9.- Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta polo xurado.
10.- O feito de participar supón a aceptación destas bases.
Gondomar, a 22 de abril de 2014″














