No Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, o xoves 19 de abril ás 20:30 horas, terá lugar a presentación do libro A saga de San Ferreol, con texto de Ramón Loureiro e ilustracións de Francisco Pérez Porto. Intervirán: Ramón Loureiro, escritor; Francisco Pérez Porto, ilustrador; Manuel Sánchez Monge, bispo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol; José Manuel Couce Fraguela, concelleiro de Cultura; e Tucho Calvo, director editorial de Biblos.
Arquivo da categoría: Edición
IIIº Encontro de Creadores do Barbanza
En Rianxo, do 20 ao 22 de abril e baixo o epígrafe A cor dos soños, terá lugar o IIIº Encontro de Creadores do Barbanza coa intención de contribuír á reflexión sobre as relacións da literatura infantil coa ilustración e o ensino. O encontro incluirá a presentación d’ A voz do lago de Antón Riveiro Coello, Unha bruxa ben rara de Carlos Mosteiro e o libro colectivo A cor dos soños, obra colectiva na que participan 14 ilustradores relacionados co Barbanza. Participarán tamén no evento Xosé A. Neira Cruz, Rodrigo Chao, Pablo Otero “Peixe”, María Xesús Blanco, Xavier P. Docampo, Cristina Novoa, Xesús Santos Suárez e F. R. Lavandeira. Os actos finalizarán cun recital a cargo de Estívaliz Espinosa. (Barbantia)
“Os libros arden mal” gaña o “VIIº Premio Libro del Año”
Presentación de “Extremum (A Fronteira)”, de Manuel Recuero
A presentación de Extremum (A Fronteira) (Edicións do Castro), de Manuel Recuero Astray, terá lugar o mércores 18 de abril, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol. No acto intervirán, ademais de autor: Xosé Ramón Freixeiro Mato, Goretti Sanmartín, Luís Barral, Eduardo Fra Molinero e Xosé Antonio Ponte Far.
Nº 16 da revista “foeminas”
Xa está disponíbel o número 16 da revista foeminas, onde se dedica un espazo á obra de Marilar Aleixandre. Para consultala, só é preciso entrar na web da revista.
Presentación de “Saudar a vida”, de Xavier Seoane
O ensaio Saudar a vida. Unha defensa das humanidades na sociedade do coñecemento, de Xavier Seoane, será presentado o xoves 19 de abril, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos d’A Coruña (Rúa Real, 56). No acto, que contará coa participación de Manuel Gallego Jorreto, participarán tamén Cesáreo Sánchez Iglesias, Manuel Bragado (Edicións Xerais) e o propio autor.
Presentación dunha antoloxía dos Premios Esquío (1981-2006)
O día 21 de abril, sábado, a Sociedade de cultura Valle-Inclán de Ferrol honrará o Patrimonio de Feira Antiga na Arquitectura dos Pendellos d’Agolada coa celebración dos seus 25 anos (máis un) de existencia, na coordinación do Premio Esquío de poesía (galego e castelán). Neste contexto terá lugar a presentación do libro Poesía viva, pura poesía (Antoloxía dos Premios Esquío: 1981-2006), e un recital dos poetas premiados conducido por Vicente Araguas. Entre os poetas que xa teñen confirmada a súa asistencia figuran: María do Carme Álvaro, Ramón Caride, Baldomero Iglesias Dobarrio, Fernández Abella, David Otero, Elvira Riveiro Tobío e Ángel Utrera Baza.
Presentación d’ “O alento da musa”, de Alberte Momán
Será o martes día 11 de abril. Para máis información véxase nota anterior.
Presentación da primeira obra en galego de Pere Tobaruela
«O venres 13 de abril, a partir das oito do serán, a Galería Sargadelos de Santiago acollerá a presentación do libro de relatos Con ollos de neno de Pere Tobaruela, nova entrega da colección Mandaio de Biblos. No acto, ademais do autor, intervirá Rosario Álvarez, directora do Instituto da Lingua Galega.» (Biblos)