Desde Brétemas, de Manuel Bragado:
“(…) A segunda das presentacións foi a de Todos somos Ulises, o libro de ensaio sobre a educación de Xavier Seoane, que constituíu unha homenaxe á figura de Agustín Fernández Paz como mestre e pedagogo. O presentador, o escritor Xabier DoCampo comezou as súa intervención sinalando que “esta é a obra dun home que ama con paixón todo o que fai, a súa profesión de profesor, a súa vocación de poeta, de aforista ou de narrador, sendo a educación e a lectura dúas das súas paixóns”. DoCampo definiu Todos somos Ulises como “libro denso, profundo, pensado non só para profesores e pais, tamén para toda a xente que pensa que as cousas na educación poden facerse mellor”. Xustificou despois o título e o subtítulo (“se non é democrática nin humanista é instrución, non hai educación”), xa que “para Seoane a educación é un camiño, o de regreso de Penélope e Argo, este é o libro dun filósofo sobre os camiños que conducen á sabedoría e o coñecemento”. (…)
Xavier Seoane recoñeceu que “este non é libro coxuntural, razón pola que non utilicei cifras sobre o estado da educación, que sempre son penosas”, “quixen facer un libro de educación máis sobre os fins ca sobre os medios, xa que estou convencido que na educación a tecnoloxía somos nós, os fins somos nós”. “Estase traballando erradamente xa que o que pretenden as políticas ultraliberais é preparar profesionais, unha concepción economicista, unha forma restrictiva desalmada, carente de valoree humanos, que pretende formar aos alumnos só nas destrezas bñasicas, mais onde non hai interes para espesar o coñecemento”. Lembrou Seoane que “xa Habermas dicía que o círculo da vida é moito máis grande que o círculo de ferro da empresa”. Seoane insistiu na súa defensa da excelencia para todos, “hai que darlles elevados niveis de ensino a toda a xente, no marco dunha formación xeralista”. Rematou as sáus palabras reivindicando o papel do profesorado, “acutalmente laminado, como todas as persoas con pensamento”: “Vexo aos profesores sós, non se lles escoita, a pesar de que son o axente fundamental da educación”.
A terceira das presentacións foi a d´As horas roubadas, a novela de María Solar, O presentador, o escritor e xornalista Luís Pousa, destacou da obra que “estamos diante dunha novela de formato clásico, moi ben construída, unha historia dun amor perdurable, maduro, de vellez que se desenvolve a ambos lados de Galicia, retratando moi ben un tempo, o do ano 1979, onde se respiraba a atmosfera dun país algo cutre e miserable, afastado do modelo típico da santa transición edulcorada dos Alcántara”. Luís Pousa salientou despois que “non cría no salto entre os xéneros nin nas etiquetas entre xéneros, como demostraba os libros de Casares ou Agustín Fernández Paz que navegaban entre as etiquetas da literatura infantil e xuvenil e da chamada adulta como acontece agora con María Solar, todo é literatura”. (…)”
Arquivo da categoría: Feiras do Libro
Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do mércores 3
O mércores 3 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Presentación e contacontos do libro A canción do sol, de Estefanía Padullés, publicado por Hércules de Edicións. A continuación, sinatura de libros na caseta da Secretaría.
– 19:00 h. Presentación de Marta e a píntega, de Eli Ríos, publicado por Galaxia. Ademais da autora intervirán Nuria González, mestra de Educación Infantil, e o editor Francisco Castro.
– 19:00 h. Presentación de O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal, publicado por Xerais. Con Manuel Bragado.
– 19:30 h. Sinatura de Ledicia Costas na Caseta de Secretaría.
– 19:45 h. Presentación de Cámbiache o conto!, de Pinto e Chinto, publicado por Xerais. Con Manuel Bragado.
– 20:00 h. María Canosa asina exemplares da súa obra na caseta de Edicións Embora.
– 20:30 h. Recital poético-musical sobre Lugrís, organizado por Alvarellos Editora e In nave civitas. Previamente, ás 20:00 horas, manifestación atlántica e recital, con saída do Vecchio.
– 21:15 h. Presentación d´O espello do mundo, de Ramón Nicolás, publicado por Xerais. Con María Canosa, Mercedes Queixas e Manuel Bragado.
Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do martes 2
O martes 2 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 19:00 h. Charo Pita presenta Oxalá estiveses aquí, publicado por Galaxia. Intervirán a autora e o editor Francisco Castro.
– 19:00 h. Ignacio Castro asina exemplares de Roxe de Sebes na caseta da Libraría Xiada.
– 19:30 h. El Hematocrítico e Alberto Vázquez asinarán exemplares de Feliz Feroz. O lobiño riquiño e Axente Riciños, publicados por Xerais, na Caseta de Berbiriana.
– 19:30 h. David Ortiz asinará exemplares do seu libro O libro dos cócteles, publicado por Xerais, na Caseta de Secretaría.
– 20:00 h. Suso Lista asina exemplares das súas obras. Na caseta de Edicións Embora.
– 20:00 h. Espectáculo musical O Bigote de Mimí, de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto, baseado no libro homónimo de Manuel María, publicado pola Casa Museo Manuel María.
– 20:30 h. Presentación d´A dúbida, de María Reimóndez, publicado por Xerais. No acto participan, xunto á autora, Eli Ríos e Manuel Bragado.
– 21:15 h. Presentación d´O Beato, de Alfredo Conde, publicado por Xerais. Con Manuel Bragado.
Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do luns 1
O luns 1 de agosto comeza a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 12:00 h. Pregón a cargo de Pinto e Chinto.
– 19:00 h. Presentación de Galería de saldos, de Diego Giráldez, publicado por Xerais. Con Kiko Novoa e Manuel Bragado.
– 19:45 h. Presentación de Todos somos Ulises. Por unha educación democrática e humanista, de Xavier Seoane, publicado por Xerais. Con Xabier P. DoCampo e Manuel Bragado.
– 20:00 h. Luz Pozo Garza asina exemplares da súa obra na caseta de Alvarellos.
– 20:00 h. Alberte Momán asina exemplares de Bosquexos para unha distopía, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.
– 20:00 h. Manrique Fernández asina exemplares de Tres feridas, na caseta de Arenas.
– 20:30 h. Presentación de As horas roubadas, de María Solar, publicado por Xerais. Con Luís Pousa e Manuel Bragado.
– 21:15 h. Presentación de O volframio en Varilongo, de Carmen Blanco Ramos, publicado por Xerais. Con Xesús Alonso Montero e Manuel Bragado.
Carballo: actividades destacadas do sábado 23 e domingo 24 na Praza dos Libros
Finaliza o domingo 24 esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 21 ao 24 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para estes dous días, destacamos os seguintes:
Sábado 23
– 12:30 h. Vermú científico. Conversa con Jorge Mira e presentación do seu libro ¿A que altura está o ceo?, publicado en Alvarellos.
– 18:30 h. Presentación de A música das árbores. Concerto e animación infantil con Servando Barreiro, a partir do libro-disco A música das árbores, publicado por Xerais.
– 19:30 h. Sinatura do poemario oso, mamá, si?, de María Lado, publicado en Xerais.
– 20:00 h. Presentación do libro álbum de recordos Lémbrome, de Xurxo Chapela, publicado por Positivas.
– 21:00 h. Aldaolado. Espectáculo musical, poético e humorístico de Lucía Aldao e María Lado.
Domingo 24
– 12:00 h. Benigno Campos presenta o seu último libro, Peixes e mariscos. As novas receitas de Benigno Campos, publicado por Galaxia.
– 18:30 h. Concerto infantil a partir do libro-disco Pitusa Semifusa, de Olga Brañas e a súa banda, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Presentación dos libros da colección Costa da Morte, de Edicións Embora, formado polo momento por: Reválida de sexto, de José Antonio Andrade Figueiras; Coristanco. As súas parroquias, de Evaristo Domínguez Rial; e Lembranzas de Malpica, de Xosé González Reyes.
– 21:00 h. O ciclo dos elementos. Conversa arredor dos libros A música dos seres vivos, Dende o conflito e En vías de extinción, de María Reimóndez, publicado por Xerais, con concerto de Canalé Cafuné.
Compostela: Romaría dos Libros de Verán 2016
O domingo 24 e luns 25, na Praza de Mazarelos de Santiago de Compostela, terá lugar a Romaría dos Libros de Verán 2016, con horarios para o domingo 24 (de 13:00 a 21:00 h.) e o luns 25 (de 11:00 a 21:00 horas), cos seguintes actos destacados:
Domingo 24
– 18:00 h. Café/caña con autoras: Séchu Sende. Máximo 5 persoas, previa inscrición no mail romariadoslibros@gmail.com.
– 19:00 h. Trivial Literario dinamizado por Andrea Barreira. Premio dun lote de libros.
– 20:00 h. Café/caña con autoras: Carlos Quiroga. Máximo 5 persoas, previa inscrición no mail romariadoslibros@gmail.com.
Luns 25
– Todo o día: A Sega. Plataforma de Crítica literaria feminista: Preparando o III Día das Galegas nas Letras, dedicado a María Xosé Queizán.
– 16:00 h. Café/caña con autoras: María Lado. Máximo 5 persoas, previa inscrición no mail romariadoslibros@gmail.com.
– 17:00 h. Conto por Conto. Intercambio de contos infantís. Coordina: Compostela Miúda.
– 18:00 h. Café/caña con autoras: María Reimóndez. Máximo 5 persoas, previa inscrición no mail romariadoslibros@gmail.com.
– 20:20 h. Presentación do libro Literatura galega e pornografía, de Xulio Pardo de Neyra, editado por Edicións Positivas.
Feira do Libro de Rianxo: actividades literarias destacadas do sábado 23 e domingo 24
O domingo 24 de xullo finaliza a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 18:30 a 22:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para eses dous días:
Sábado 23
– 13:00 h. Coloquio sobre Voaxa e Carmín, de Esther F. Carrodeguas, publicado por Difusora. Participan, xunto á autora, Aurora Marco e Xavier Castiñeira.
Domingo 24
– 21:00 h. Presentación de O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal, publicado en Xerais. Participa, xunto ao autor, Ramón Caride.
Carballo: actividades do venres 22 na Praza dos Libros
Continúa esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 21 ao 24 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para o venres 22, destacamos os seguintes:
– 18:30 h. Concerto infantil de Oviravai a partir do libro-disco As andanzas de Paio, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Presentación do poemario Adagio por outono, de Modesto Fraga, publicado por Alvarellos, que obtivo o XLI Certame Literario Concello de Vilalba. No acto o autor estará acompañado por Henrique Alvarellos.
– 21:00 h. En pé preséntase o poemario Contra-acción, de Rosalía Fernández Rial, publicado en Neopàtria, coa música de Serxio Moreira, compoñendo unha experiencia interdisciplinar, urbana, bailable.
Feira do Libro de Rianxo: actividades literarias destacadas do xoves 21
O xoves 21 de xullo comeza a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 13:00 h. Pregón a cargo de María do Cebreiro.
– 20:00 h. Presentación do libro de poemas O Deserto, de María do Cebreiro, publicado por Apiario, acompañada por Antía Otero e Ismael Ramos. A continuación, coloquio arredor do libro As dúas ourelas, de Xosé Manuel Lobato, publicado por Fervenza, coa participación de Miro Villar e Luís Reimóndez.
Carballo: actividades do xoves 21 na Praza dos Libros
Chega unha nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 21 ao 24 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para o xoves 21, destacamos os seguintes:
– 12:30 h. Pregón a cargo de Xosé Lois González “O Carrabouxo”.
– 18:30 h. Teatro na mochila. Contacontos infantil a cargo de Anxo Moure.
– 21:00 h. Presentación da novela DisParo, de María Canosa, publicada por Embora.