Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Falamos con Ánxela Gracián, autora do libro As voces da auga, gañador ex aequo do VII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2018.
Tamén contamos no programa con Pere Tobaruela, autor de Auga e lume, galardoado co mesmo premio.”
Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Vídeo da presentación en Vigo de Paseniño, paseniño, de Antonio García Teijeiro
Betanzos: representación de O valo, de Carlos Labraña
A Coruña: Libros a monte III
Pontevedra: Xornadas Abertas Gálix 2018. Desfacendo a raia “A LIX nos medios de comunicación”
Compostela: presentación do libro-CD De viaxe polo mundo, de Faneca e Longueirón
Vídeo da presentación de A formiga fóra do carreiro, de Raquel Castro en Vigo
Entrevista a Marilar Aleixandre sobre A filla do Minotauro
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Entrevista á escritora Marilar Aleixandre, autora do libro A filla do Minotauro. A entrevista pode escoitarse aquí.”
“A evolución de Calpurnia Tate (tamén unha revolución)”, por Beatriz Maceda
Artigo
de Beatriz Maceda na Sega:
“Os títulos nos libros teñen a súa importancia, e se son de LIX, probablemente máis. Ás veces, aparecen como por arte de maxia, incluso antes de empezar a escribir a historia, outras polo medio do proceso da escrita; mais tamén hai ocasións en que temos que buscalos con toda a imaxinación posta ao seu dispor e, até pedir axuda a “esas histéricas”, como chamaba a poeta Wislawa Szymborska ás musas.
A evolución de Calpurnia Tate é un título fermoso que inevitabelmente, achéganos a Darwin e ao seu libro A orixe das especies. Así é, que cada capítulo da novela comeza cun parágrafo do libro de Charles Darwin.
Cando un naturalista novo comeza co estudo dun grupo de organismos completamente descoñecido para el, ao principio vacila moito no intre de determinar as diferenzas (…) porque non sabe nada verbo da cantidade e xeitos de variacións aos que está suxeito o grupo…
Utilizar, na mellor das acepcións da palabra, a Darwin para contarnos a vida da nena de once anos ten tamén o seu aquel. Estados Unidos, que xa sabemos é unha país cheo de contradicións, leva de sempre dividido entre os Creacionistas, e os que defenden a teoría de Darwin; até o punto de desaparecer a segunda do curriculum educativo, nalgúns dos seus estados. Na actualidade, un corenta e sete por cento da poboación americana esta en contra da teoría da evolución. Jacqueline Kelly, muller de ciencia, postúlase, a través desta historia a favor da teoría darwinista. (…)”





