Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
O Porriño: presentación de A princesiña que conducía unha locomotora, de Clara do Roxo
Xinzo: presentación de Cartas ao director, de Rafael Laso Lorenzo
O
venres 18 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, terá lugar a presentación do novo libro de Rafael Laso Lorenzo, Cartas ao director, publicado en Tambre. No acto, xunto ao autor, intervirán Ricardo Soto e Alfonso Carlos Lois Suárez.
O Couto, Ponteceso: actos literarios do venres 18 de maio, no Festiletras
Festiletras,
o festival literario que cada ano se celebra no Couto (Ponteceso) arredor do Día das Letras chega ao seu 30 aniversario. E faino cun programa que se prolongará desde o día 16 ao 20 deste mes e que inclúe máis de trinta actos entre concertos, actuacións teatrais, presentacións literarias, maxia ou contacontos. Destacamos nomeadamente os actos do venres 18 de maio:
– 10:00-11:30 h.
* Na Escola Infantil A Galiña Azul (Ponteceso): animación literaria a cargo das fadas pondalianas (Bergantiños, Baltar e Rouriz) e Silvia Losada.
* No CEIP As Forcadas (Corme): animación literaria a cargo de Xoán Babarro arredor da novela O dragón de Gondomil. Concurso de Galeoke animado polo colectivo Tinta de Lura.
* No CEIP Eduardo Pondal (Ponteceso): animación literaria a cargo de Ana María Fernández arredor de Rosalía de Castro. Do A ó Z. Concurso de Galeoke animado polo colectivo Tinta de Lura.
* Na Fundación Eduardo Pondal (salón de actos). Con presenza de Xelucho Abella Chouciño (Gundar e o cabalo de oito patas), animación musical a cargo de Gloria Mosquera de Mamá Cabra e o acordeonista
Diego Maceiras e animación literaria do CD interactivo Gundar e o cabalo de oito patas a cargo de Tinta de Lura para alumnado do CRA Nosa Señora do Faro.
* No IES de Ponteceso: intervención literaria de Miguel A. Mato Fondo (Xope de Lilaina) e Xabier P. Docampo (O libro das viaxes imaxinarias) con alumnado de primeiro de Bacharelato.
– 12:00 h. Na Casa dos Veciños (Salón de Actos):
* Inauguración da exposición Querido Balbino coa presenza do seu autor: Xosé Neira Vilas.
* Escenificación de Balbino a cargo de Tamara Lema.
* Proxección audiovisual permanente Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda con Monte Branco.
– 12:45 h. Na Casa dos Veciños (Os Soportais):
* Inauguración da placa a cinco escritores: Xelucho Abella Chouciño, Miguel Anxo Mato Fondo, Xabier P. Docampo, Xoán Babarro e Ana María Fernández coa interpretación musical do Himno Galego a cargo
dos gaiteiros do Centro Coreográfico Galego.
– 13:00 h. Na Casa dos Veciños:
* Palabras de Xosé Neira Vilas e escenificación das Memorias dun neno labrego a cargo de Cándido Pazó para alumnado do IES de Ponteceso.
– 14:30 h. No Restaurante Miramar (Valarés):
* Xantar literario cos escritores homenaxeados.
* Sobremesa literaria coa presentación dos libros máis novos de Xabier P. Docampo (Mans), Xosé Neira Vilas (Cartas de Neira Vilas a Valentín Paz Andrade e a Celso Emilio Ferreiro), Xoán Babarro (Macarrón de narices) e Ana María Fernández (Páxinas de carricanta)
* Animación musical a cargo dos gaiteiros do Centro Coreográfico Galego.
– 22:00 h. Na Casa dos Veciños (Salón de Actos. Donativo para Escola de Verán 2.00 € por adulto):
* A Noite dos Poetas. Presenta a xornalista pontecesá Lorena Pose e anunciará a axenda sonora da Costa da Morte.
* Xurxo Souto, Lectura do Manifesto da regueifa.
* Luís O Caruncho e Benito Lobareiras.
* Joan Garriga.
Boiro: II Romaría das Letras no Barbanza
O
xoves 17 de maio, en Boiro, terá lugar a II Romaría das Letras no Barbanza, organizada pola A. C. Barbantia e a Agrupación O Faiado-2, que contará con diversas actividade. Entre elas, destacamos as seguintes de carácter máis literario:
No Pazo de Goiáns (Lampón-Boiro):
– 16:00 h. Recital de textos de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012 e discursos institucionais.
– 16:30 h. Presentación do libro O alento nas costas, da escritora boirense Natalia Carou, con presencia da directora de Baia Edicións, Belén López Vázquez.
Santiago: presentación de O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro
O
mércores 16 de maio, ás 12:30 horas, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela (Avenida Xoán XXIII, s/n), preséntase o libro O neno can, con textos de Fina Casalderrey e Francisco Castro, publicado en Galaxia. No acto, xunto aos autores, intervirán Víctor F. Freixanes e Manuel Sández Macho.
Vigo: presentación de A princesiña que conducía unha locomotora, de Clara do Roxo
O
martes 15 de maio, ás 20:00 horas, en Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o primeiro libro de Clara do Roxo, A princesiña que conducía unha locomotora, publicado en Galaxia. No acto a autora estará acompañada por Francisco Castro e Ledicia Costas.
Carnota: actividades arredor do Día das Letras Galegas
Programación do Concello de Carnota con motivo do Día das Letras Galegas. Vía Que pasa na Costa.
Vigo: mesa redonda A familia na literatura infantil e xuvenil
O venres 11 de maio, ás 16:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, terá lugar unha mesa de editores no marco das II Xornadas Internacionais de Crítica e Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil, coa participación de Manuel Bragado, Xosé Ballesteros, Nati de la Puerta e Francisco Castro.
O Grove: presentación de A Torre das Lavercas, de Daniel Ameixeiro
O
venres 11 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei (Monte da Vila, 11) do Grove, preséntase o libro A Torre das Lavercas, de Daniel Ameixeiro, publicado en Xerais. O acto está coorganizado pola Casa da Cultura do Grove e a propia editora.


