Xa
está dispoñible online o número 45 da revista Foeminas (Revista Virtual de Xénero), editada pola Concellería de Muller e Servizos Sociais de Lugo. Neste número especial e aniversario preséntanse diversos artigos de gran actualidade, con traballos de Marica Campo, Andrea Inocêncio, Jose Lemur, Luísa Brandt, Esther Vivas, Coral Herrera Gómez, Luís Valle Regueiro e Hugo Huberman.
Arquivo da categoría: Internet
En marcha unha proposta para encher a Rede de cancións en galego no 17 de maio
Edición facsimilar, con estudo crítico, da revista Loia, polo Consello da Cultura Galega
Os
catro números da revista Loia, que acolleu os primeiros textos de Lois Pereiro, saen á luz agora nunha edición facsimilar da man do Consello da Cultura Galega. A institución segue así a súa tradición de homenaxear con este tipo de publicacións os protagonistas do Día das Letras. A edición inclúe un estudo crítico da revista coordinado por Xosé Manuel Pereiro no que se poden atopar artigos del mesmo, Ramón Villares, Helena González, Antón Patiño e Manuel Rivas. A edición completa está dispoñible na rede para a libre descarga.
Camilo Franco crea o folletín 2.0
Primeiro capítulo de Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz
Xosé Neira Vilas lémbralles aos mozos arxentinos a emigración galega
Presentación de O xogo das cadeiras, manifesto pola entrada de mulleres na Real Academia Galega
O
manifesto O xogo das cadeiras presentouse en Santiago polas escritoras María Reimóndez, Yolanda Castaño e Inma López Silva e pola crítica literaria Dolores Vilavedra, xunto a Helena González, investigadora universitaria. Reclaman que medre a presenza feminina na Real Academia Galega e quéixanse de que se teime en discriminar nesa institución a creación e a investigación femininas. Defenden que o único fin que buscan é que as próximas vacantes que haxa na institución académica se cubran con personalidades da cultura femininas. Na súa presentación o manifesto conta con 52 sinaturas de destacadas mulleres dos ámbitos da creación, a crítica literaria, a universidade e o xornalismo. As promotoras animan os interesados en adherirse á iniciativa que o fagan a través da súa web. Vía A Nosa Terra. Tamén en Galicia Hoxe e Xornal.
A AELG en ACHEGARTE 2011
Dende
a
AELG, continuando co especial compromiso con esta cita, queremos participar na iniciativa, que trata de dar pulo e visibilidade á cultura que se fai en Galiza e en galego. Unha festa/feira onde teñan cabida as artes escénicas, as novas tecnoloxías, o audiovisual, o libro, a música…
A Concellaría de Cultura da Coruña está a organizar unha alternativa da cultura galega que comunmente estamos a construír: o foro ACHEGARTE, que se celebrará no Palexco da cidade da Coruña os días 2 e 3 de abril.
En ACHEGARTE estarán presentes con stand propio empresas, asociacións profesionais e institucións que impulsan a creación cultural en Galiza nos diferentes sectores da industria cultural.
Deste xeito, dende a AELG, coa colaboración dos seus socios, organiza as seguintes actividades dentro da feira e no propio espazo que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega terá no ACHEGARTE:
1.- Gravacións en vídeo de autores e autoras soci@s da AELG:
Que contarán o proxecto de creación ou investigación que neste momento están a realizar ou que remataron recentemente, gravación que quedará rexistrada en cadanseu espazo virtual dentro do Centro de Documentación da web da AELG.
2.- Participación no espazo Lecturas compartidas:
No recinto da Feira estará disposto un espazo dende o que @s escritores/as da AELG lerán, recitarán ou contarán. Trátase de que ao longo dos dous días de duración de Achegarte sempre contemos coa figura do escritor, da escritora e da súa palabra.
Este espazo literario está aberto á palabra e a todos/as os/as que queiran escoitala.
Aproveitamos para indicar que xa está aberto na rede o Foro Literatura onde podedes participar tamén coas vosas achegas.
Presentada a páxina web oficial de Lois Pereiro
LoisPereiro.blogaliza.org é
a páxina web oficial de Lois Pereiro, que “pretende servir de plataforma de difusión das publicacións e actos que se están a celebrar sobre o poeta monfortino ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas, e tamén un lugar de encontro para todos aqueles queiran afondar na traxectoria do autor. A web non soamente recolle con detalle as noticias xeradas arredor do poeta, senón que ofrece unha serie de contidos sobre a súa figura, tanto literarios como gráficos e audiovisuais (poemas, fotos e gravacións de audio e vídeo), boa parte deles de utilización libre para usos non lucrativos. Igualmente, permite subir os contidos elaborados aproveitando ese material libre, para poder ser logo descargados e difundidos. Tamén inclúe un calendario dos actos que se están a organizar en todo o país, e mesmo materiais que se poden empregar naquelas convocatorias pensadas para a participación da xente. Lois Pereiro está xa presente nas redes sociais. O seu grupo de Facebook conta xa con case un milleiro de seguidores, e tamén ten unha forte presenza en Twitter, onde as mensaxes sobre o poeta se agrupan co hashtag ou etiqueta #pereiro”. A nova recóllese tamén en Cultura Galega, Xornal, Galiciaé e Galicia Hoxe.