O
martes 15 de maio, ás 17:00 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico Municipal Os Mallos (Avenida de Arteixo, 147) da Coruña, terá lugar o XI Maratón de Lectura en Galego, con motivo do Día das Letras Galegas 2012. Pode participar quen o desexar lendo durante un minuto un texto en galego da autora ou autor preferidos ou ben dun texto de creación literaria propia. As inscricións poden realizarse desde o martes 8 de maio, facilitándoselles quenda de lectura no Centro Cívico. Os teléfonos son 981264170 e 981184200, e o correo electrónico ccosmallos@coruna.es.
Arquivo da categoría: Lectura
Gondomar: Víctor Freixanes participa no Clube de lectura Sete Vidas
O
martes 8 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, terá lugar unha nova edición do Clube de Lectura Sete vidas, que xirará arredor da novela Cabalo de ouros, publicada en Galaxia, contando coa presenza do seu autor, Víctor F. Freixanes.
Redondela: IV Semana do Libro. A festa das palabras, até o 29 de abril
Sentada Lectora en Gondomar
“Espazo Lectura convoca a toda a cidadanía a que acuda a Gondomar, o domingo 22 de abril ás 12:00 h. a unha SENTADA LECTORA que terá lugar na Alameda. Trátase de coller un libro e sentar no chan da Alameda, enchéndoo de persoas con libros, nunha reivindicación cívica da lectura. Lerase un Manifesto a favor da lectura, actuará o grupo Migallas para o público infantil e despedirémonos coa actuación do coro Cantares do Brión. Vente cun libro a Gondomar e ÚNETE Á REBELIÓN DA LECTURA. Onde hai libros, hai futuro! Esperámoste!”
Santiago: Unha viaxe de ida e volta, até o 31 de maio
Unha
viaxe de ida e volta é o lema da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura que se realizará ata o 31 de maio na Galería Sargadelos de Santiago, organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka. Como en edicións anteriores, ofrece sesións de contacontos, obradoiros de escrita creativa e ilustración, e visitas guiadas pola exposición de ilustracións, libros e elementos tridimensionais. Compleméntase con sesións de contos para bebés, narración de contos con música para familias, e actividades formativas para o persoal dos centros de ensino. Neste arquivo pode descargarse máis información: Campaña de animación á lectura Concello de Santiago Kalandraka 2012.
Gondomar: coloquio sobre A man do diaño, de Brais Rodríguez
O
martes 17 de abril, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, dentro do programa de actividades da V edición da Semana do Libro e a Lectura, que organiza Espazo Lectura coa colaboración co Concello de Gondomar, terá lugar unha sesión do Club Lecturas Debuxadas, onde se contará coa presenza de Brais Rodríguez, quen falará aos asistentes sobre a súa obra A man do diaño (Demo editorial), obra gañadora do VI Premio de Banda Deseñada Castelao.
Castro de Rei: EntoleARTE. Proxecto de creación artística multidisciplinar no antigo manicomio de Castro
Este sábado, 14 de abril de 2012, entre as 12:00 e as 19:00 horas vaise desenvolver no Hospital Psiquiátrico San Rafael, en Castro Ribeiras do Lea, Castro de Rei (Lugo) a derradeira fase do Proxecto EntoleARTE. Con esta xornada de portas abertas ponse o ramo a este proxecto efémero de creación artística multidisciplinar que denominamos EntoleARTE, promovido pola Rede Museística da Deputación de Lugo, xunto coas áreas de Cultura e Turismo e Benestar Social. O que comezou a súa andaina o 10 de marzo, remata este sábado, 14 de abril de 2012, coas exposicións, intervencións e actuacións programadas no edificio do antigo Hospital Psiquiátrico San Rafael, nunha xornada de intercomunicación dos creadores e das súas obras co público nun espazo tan singular, radical e telúrico coma este vello edificio do manicomio de Castro. O programa é o seguinte:
– 12:00 h.- Recepción por parte do comité organizador e apertura das instalacións ao público, ao que se lle facilitará un programa co itineraio para visitar as exposicións e co horario de cada unha das actuacións e intervencións previstas.
– 12:20 h.- Representación de Visitas guiadas, a cargo da Asociación Teatral do Miolo e Cía.
– 13:30 h.- Aparentemente de manicomio, performance de Paco Pestana.
– 14:00 h.- Representación dun fragmento de Na túa cara, in your face (baseada na vida e obra de Sarah Kane), a cargo da Compañía de Teatro USC-Lugo dirixida por Paloma Lugilde. Lugar: comedor.
– 15:45 h.- Representación de Metamorfose do señor López (fragmento) de Rubén Pérez Pombo (Palimoco Teatro). Lugar: corredor.
– 16:00 h.- Representación de Vacío de Alba Fernández (Palimoco Teatro) (creación a partir de 4.48 Psicosis, de Sarah Kane). Lugar: comedor.
– 16:15 h.- Emoción mutante, performance de Lomarti.
– 17:00 h.- Lectura de Identidade na Natureza, a cargo de Adela Figueroa.
– 17:10 h.- Danza. Representación de La maga (coreografía e interpretación a cargo de Marcela Aldavez). Lugar: Capela.
– 17:30 h.- Actuación musical a cargo de Os Minhotos por distintas dependencias do edificio.
– 17:50 h.- Danza. Representación de Pena Tirana, a cargo de Marcela Aldavez, coa asistencia coreográfica de Cristina Sánchez (Compañía Casa Bochinche). Lugar: Capela.
– 18:00 h.- Representación de A escoita do corpo, a cargo da Compañía de de Danza da USC-Lugo dirixida por Juan Carlos Zahera. Lugar: Cafetería.
– 18:25 h.- Actuación musical a cargo de Folgueada por distintas dependencias do edificio.
– 18:40 h.- Danza Butoh. Representación do Grupo Danza Butoh de Lugo. Lugar: Escaleiras, estancias e galería da planta primeira, con acceso desde o hall.
– 19:00 h.- Valoración, conclusións e clausura de EntoleARTE por parte do vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, e do deputado delegado da área de Cultura e Turismo, Mario Outeiro.
– Proxección: durante toda a xornada proxectarase no salón de actos o documental Entre Marbella e Torremolinos (imaxes de manicomio) de Xosé Reigosa.
– Servizo de autocar. Nesta xornada haberá servizo de autocar gratuíto desde Lugo (Praza de Santo Domingo) ata o Hospital Psiquiátrico San Rafael, en Castro de Rei (Lugo), ida e volta, para todas as persoas e cos seguintes horarios:
Saídas desde Lugo: 11:15, 12:30 e 16:00 horas.
Regreso a Lugo: 13:00, 17:00 e 19:30 horas.
Vigo: presentación de Esperando o leiteiro, de Xosé Neira Vilas
O
mércores 11 de abril, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas (Avenida Martínez Garrido, 21), de Vigo, Xosé Neira Vilas presenta a súa nova novela, Esperando o leiteiro, publicada por Galaxia. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes e Isaura Abelairas. No acto a actriz Uxía Blanco realizará a lectura dalgúns fragmentos da obra.
Crónica posterior en Galaxia.
Gondomar: Anabel Alonso participa no Clube de lectura Sete Vidas
O
martes 10 de abril, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, terá lugar unha nova edición do Clube de Lectura Sete vidas, que xirará arredor da novela Café só, publicada en Morgante, contando coa presenza da súa autora, Anabel Alonso.
Betanzos: acto de homenaxe a Rosalía polo seu 175 aniversario
A
sexta feira, 23 de marzo, ás 20:30 horas, na Aula de Cultura do Edificio do Arquivo (Liceo) de Betanzos, terá lugar un novo acto de homenaxe a Rosalía polo 175 aniversario do seu nacemento. O acto, coorganizado pola plataforma Queremos Galego das Mariñas e as asociacións culturais Eira Vella e Roxín Roxal, contará coa colaboración do CEIP Francisco Vales Villamarín da Cidade dos Cabaleiros, e consistirá na lectura de textos e proxección dunha curtametraxe, contando co acompañamento da música do cantor Fucoxabier.

