“Jacobo Paz Limia é o gañador da LII Edición Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba.
O xurado reuniuse o 24 de agosto de 2026 baixo a presidencia da concelleira de Cultura, Mónica González Fernández, e coa participación como secretaria da técnica de Cultura Mª Sonia García Paredes. Formaron tamén parte do órgano avaliador Darío Villanueva Prieto, membro da Real Academia Española; Ramón Villares Paz, catedrático de Historia; Xulio Xiz Ramil, xornalista; Fidel Fernán Vello, director do Grupo de Radio Principal; Luz Airado Bello, avogada e poeta; María Xosé Lamas Fernández, profesora e poeta, e Patricia Torrado Queiruga, poeta e gañadora da anterior edición do premio.
A obra premiada leva por título Fíos e foi presentada baixo o lema Fäden.
O galardón está dotado con 7.000 euros, flor natural e diploma, e a proposta de concesión será elevada á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación.
Nesta convocatoria presentáronse un total de 38 poemarios, todos eles considerados polo xurado como conformes coas condicións establecidas nas bases do certame. Tras a lectura e valoración das obras, os membros do xurado acordaron por unanimidade propoñer a concesión do premio ao poemario Fíos, de Jacobo Paz Limia.
O fallo foi recollido na acta levantada polo xurado, que sinala que a decisión se adopta tras poñer en común as valoracións dos poemas presentados. O premio recoñece así a obra poética de Jacobo Paz Limia no marco dunha das citas literarias de referencia do Concello de Vilalba.”
Arquivos da etiqueta: Xulio Xiz Ramil
Presentación de Caldaloba. Drama histórico de Dona Constanza de Castro, de Xosé Otero Canto, en Cospeito
O 29 de maio, ás 20:00 horas, na Casa de Cultura de Cospeito (Avenida da Terra Chá, 26), preséntase Caldaloba. Drama histórico de Dona Constanza de Castro, de Xosé Otero Canto. No acto participan, xunto ao autor, Miguel Anxo Macía, Antón Xosé Meilán, Armando Castosa e Xulio Xiz.
Cospeito: presentación de Caldaloba. Drama histórico de Dona Constanza de Castro, de Xosé Otero Canto
O 29 de maio, ás 20:00 horas, na Casa de Cultura de Cospeito (Avenida da Terra Chá, 26), preséntase Caldaloba. Drama histórico de Dona Constanza de Castro, de Xosé Otero Canto. No acto participan, xunto ao autor, Miguel Anxo Macía, Antón Xosé Meilán, Armando Castosa e Xulio Xiz.
Presentación de Formas, figuras e sombras na Terra Chá, de Baldomero Iglesias, “Mero”, en Lugo
Lugo: presentación de Formas, figuras e sombras na Terra Chá, de Baldomero Iglesias, “Mero”
Vilalba: Homenaxe a Pepita de Bonxe, o 31 de xaneiro
Homenaxe a Pepita de Bonxe, en Vilalba
Patricia Torrado Queiruga gaña o LI Certame Literario do Concello de Vilalba coa obra Nakba
Desde Culturalia GZ:
“A obra da sonense Patricia Torrado Queiruga, que recibirá 7.000 euros e verá publicada a súa creación, foi a elixida polo xurado integrado por figuras de prestixio cultural e académico.
O xurado do LI Certame Literario do Concello de Vilalba vén de facer público o seu ditame, proclamando como gañadora a obra Nakba, presentada baixo o lema “Coma quen lambe a ferida”, e cuxa autoría correspondeu á escritora e poeta Patricia Torrado Queiruga.
O certame, o máis antigo de Galicia e tamén un dos de mellor dotación económica, está recoñecido como unha das grandes citas da creación literaria no país. A gañadora desta edición recibirá un premio de 7.000 euros, ao que se suma a publicación da obra.
O xurado estivo composto por figuras de referencia do ámbito cultural e académico galego: Darío Villanueva, membro da Real Academia Española; Ramón Villares, catedrático de Historia; Xulio Xiz, xornalista; Fidel Fernán, director do Grupo de Radio Principal; Luz Airado, avogada e poeta; e Andrea Fernández Maneiro, poeta e gañadora da edición anterior.
A alcaldesa Marta Rouco destacou “a importancia de manter vivo un certame que forma parte da identidade cultural de Vilalba e que é, ademais, un referente en toda Galicia polo seu prestixio e pola súa aposta decidida pola creación literaria”. Engadiu que “detrás destas cinco décadas de historia hai un compromiso claro co talento, a cultura e a palabra escrita”.
Pola súa parte, a concelleira de Cultura Mónica González puxo en valor a calidade da obra gañadora e da propia convocatoria: “o Certame Literario de Vilalba demostra ano tras ano a súa capacidade de atraer voces potentes e diversas do panorama literario galego. Este premio non só promove a creación, senón que tamén proxecta o nome de Vilalba”.”
Acta do fallo da XXX edición do Certame Literario Manuel Orestes Rodríguez López
Andrea Fernández Maneiro gaña do 50º Certame Literario do Concello de Vilalba
“Andrea Fernández Maneiro gaña a 50 Edición do Certame Literario do Concello de Vilalba con Meridiano Orixe – A raposa que anda aos grilhos.
Baixo a presidencia da Concelleira de Cultura Tamara Rodríguez e actuando como Secretaria a Técnica de Cultura Sonia García Paredes, o xurado formárono a escritora vilalbesa Cecilia Fernández Santomé; Darío Villanueva, membro da Real Academia Española; Ramón Villares, catedrático de Historia, Xulio Xiz, xornalista; e Fidel Fernán, director do grupo de Radio Principal.”
(Autor da foto: José Cuervo).





