Arquivo da categoría: Lusofonía
Compostela: Desfacendo a raia. Literatura infantil e xuvenil na Galiza e en Portugal
Vilar de Santos: I Encontro na Raia
O sábado 29 de outubro en Vilar de Santos terá lugar o I Encontro na Raia:
NO MUSEO DA LÍMIA
– Artur Alonso Novelhe – GALIZA: “A tripla Libertação” 10:30 – 11:30 h.
– Ricardo Manuel Ribeiro – PORTUGAL: “A Sinarquia – novo modelo social de união com a Lei Natural” 11:45 – 12:45 h.
– Joám Evans Pim – GALIZA: “Couto Misto? O País das 4000 Repúblicas” 17:00 – 18:00 h.
– Xabier Xil Xardón – GALIZA -“Recitado. O telexornal das 19:00 h.”
Banca de Libros: Traga-Mundos – livros e vinhos, coisas e loisas do Douro.
NA ARCA DA NOE
– Jairo Mozart – BRASIL: “Diversidade Indígena – Raízes Culturais e Espiritualidade Nativa” 20:30 – 21:30 h.
– Concha Rousia: Presentación de Se Os Carvalhos Falassem 21:30 h.
– Concerto musical: Fred Martins & Jairo Mozart – BRASIL 22:00 h.
Compostela: A Imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga, e A Imagem da Galiza em Portugal, de Carlos Pazos-Justo
Vigo: presentación de A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga, e A imagem de Galiza em Portugal, de Carlos Pazos
A segunda feira 24 de outubro, ás 20:00 horas, no auditorio da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (Martínez Garrido, 17), preséntanse conxuntamente A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga e A imagem da Galiza em Portugal, de Carlos Pazos, publicados por Através Editora.
Ourense: lanzamento de A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga, e A imagem da Galiza em Portugal, de Carlos Pazos-Justo
Compostela: Gala Premios música e poesía galego-portuguesa Ari(t)mar
A Coruña: Samuel Pimenta conversa co escritor galego Pedro Casteleiro
Rui Cerqueira Coelho gaña o II Premio Literario Nortear para a mocidade escritora de Galicia e de Portugal
Desde a Xunta de Galicia:
“Nós, arquipélago, de Rui Cerqueira Coelho, é a obra gañadora do II Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora de Galicia e de Portugal. Entre 30 traballos de autores e de autoras con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, o relato do escritor luso foi elixido por unanimidade polo xurado do certame, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola Dirección Rexional de Cultura do Norte e pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) para incentivar a creatividade da mocidade escritora galega e portuguesa.
Presidido por Xosé María Lago García, subdirector xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza da Xunta de Galicia, e integrado por Carlos Arias, en representación da Secretaría Xeral de Cultura; polo escritor galego Antón Riveiro Coello, pola escritora portuguesa Olinda Beja, polo editor portugués Carlos Lopes, director de Edita-Me; e por André Rodrigues, integrado na GNP, AECT, que actuou como secretario, o xurado valorou no relato “o estilo impecable e potente, e unha narración sólida que harmoniza emocións, vencellos familiares, percepcións sensoriais e evolución psicolóxica cunha gran profundidade”.
Tamén destacou o xurado o manexo da temporalidade, desde unha percepción interior, na que “o pasado e a prospección do futuro como baleiro e como misterio difícil de asumir se unen para definir interiormente un ser que toma consciencia da súa existencia e da súa limitación como pulso vital”.”
Compostela: presentación de Mecanismo de Emergência, de Tiago Alves Costa
A quinta feira 6 de outubro, ás 20:30 horas, na Libraría Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, Tiago Alves Costa presenta Mecanismo de Emergência, publicado por Através Editora. No acto participa, xunto ao autor, Alicia Fernández, quen lerá o texto preparado por Gonzalo Hermo.