Arquivo da categoría: Música
Lugo: A Asociación da Prensa conmemora o Día Internacional de Liberdade de Prensa 2012
O xoves 3 de maio, ás 20:00 horas, no Museo Provincial de Lugo, a Asociación da Prensa de Lugo conmemora o Día Internacional de Liberdade de Prensa, lerase un manifesto de carácter reivindicativo nun momento tan delicado para a nosa profesión, foi redactado na última asemblea nacional da Fape, celebrada en Valladolid o pasado día 14, e lerase ese mesmo día en diferentes actos públicos organizados polas asociacións da prensa de todo o país. O acto será presentado por Antón Grande e a lectura do manifesto correrá a cargo de Mº Amparo Roca Pena; directora de Radio Nacional en Lugo. Así mesmo os actos completaranse coa actuación musical de Paula Qiao; violinista da escola de música Aulos e dun grupo de performance.
Pontevedra: presentación de Seara, de Xosé Vázquez Pintor
Boiro: presentación de Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias
O
venres 27 de abril, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do Centro Social (Rúa Principal, s/n) de Boiro, preséntase o libro Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias, publicado en Galaxia, e o número 74 do suplemento cultural A Voz de Barbantia. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, participan, xunto ao autor, Xesús Laíño, Xosé Ricardo Losada e Helena Teixeira. A continuación do acto terá lugar o concerto David Lojo Quartet, na Estación Leñaverde.
Buenos Aires: conferencia de Ramón Nicolás sobre Celso Emilio Ferreiro
O
mércores 25 de abril, ás 20:30 horas, nos locais da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, no salón Arturo Cuadrado (Chacabuco 955), emprazado no barrio de San Telmo en Buenos Aires, Ramón Nicolás falará de Celso Emilio Ferreiro, tanto da edición bilingüe de Longa noite de pedra como das novas achegas que incorpora na vindeira biografía que aparecerá en Xerais en datas próximas baixo o título de Celso Emilio Ferreiro no rodicio dos días. No apartado musical participarán María do Ceo e mais o seu grupo musical.
Santiago: Festival Vitaminas para o galego, o 27 de abril
A Coruña: A literatura e a música, con Paulino Pereiro e Margarita Viso Soto, nos V Encontros Cidade da Coruña: As artes e a literatura
O mércores 25 de abril, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), terá lugar o acto de clausura dos V Encontros Cidade da Coruña, baixo o título As artes e a literatura, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, cunha mesa redonda sobre A Literatura e a Música, onde participan Paulino Pereiro e Margarita Viso Soto, presentados por Mercedes Queixas.
Redondela: IV Semana do Libro. A festa das palabras, até o 29 de abril
A Coruña: homenaxe a Agustín Fernández Paz
O
luns 23 de abril, ás 19:30 horas, no Fogar de Santa Margarita da Coruña (Rúa Valle-Inclán, 1-3), terá lugar un acto de homenaxe ao escritor e exprofesor desta institución, Agustín Fernández Paz. Haberá unha mesa redonda sobre O Fogar e a contribución a renovación pedagóxica, dirixida por Antón Costa, coa intervención de J. Antonio Vázquez Cabarcos, Andrés García Vilariño, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Manuel Bragado Rodríguez, Alfredo Haz Garrido e Vicente Veiga Doldán, pechándose o encontro coa homenaxe e recoñecemento a Agustín Fernández Paz, coa participación de Mini e Mero, mestres e creadores da Quenlla e Xavier Senín.
Santiago: Unha viaxe de ida e volta, até o 31 de maio
Unha
viaxe de ida e volta é o lema da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura que se realizará ata o 31 de maio na Galería Sargadelos de Santiago, organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka. Como en edicións anteriores, ofrece sesións de contacontos, obradoiros de escrita creativa e ilustración, e visitas guiadas pola exposición de ilustracións, libros e elementos tridimensionais. Compleméntase con sesións de contos para bebés, narración de contos con música para familias, e actividades formativas para o persoal dos centros de ensino. Neste arquivo pode descargarse máis información: Campaña de animación á lectura Concello de Santiago Kalandraka 2012.




