Gondomar: presentación de Galileo no espello da noite, de Xabier Paz

O 17 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Libraida de Gondomar (Rúa Rosalía de Castro, 13), preséntase Galileo no espello da noite, de Xabier Paz, publicado por Xerais. No acto, o autor estará acompañado por Fran Fernández Dávila.

“A toxicidade do Veleno en familia“, entrevista a Rocío Leira

Entrevista a Rocío Leira en Radiofusión:
“”Quixen retratar a toxicidade de determinadas familias” afirma a escritora Rocío Leira, autora do libro Veleno en familia, un volume que intenta realizar unha radiografía da sociedade galega actual con dinamismo narrativo e polifonía de voces. Leira recompila fraseoloxía de linguaxe popular. Foi finalista do Primeiro Premio de Novela Vilar Ponte en 2018. Agora ve a luz da man de Baía Edicións. Falamos desta novela no club de lectura de Radio Fene Radiofusión. Tatty Lavandeira, Esther Val, Andrés C. M. Riveira, Pitusa Arias e Henrique Sanfiz conversaron con Rocío Leira.
Un ingreso hospitalario fai saltar polos aires un triángulo familiar no que nada é o que parece. Unha muller trastornada. Unha muller apoucada. Unha muller de armas tomar. Unha trama intrigante na que todas son vítimas e verdugas. O crime perfecto nunha familia imperfecta.
Aquí pode escoitarse a entrevista.”

Tabela dos libros. Xaneiro de 2020

Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a primeira Tabela dos Libros do 2020, que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”

Compostela: vermú literario arredor de A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto

O sábado 11 de xaneiro, ás 13:00 horas, na Casa do Taberneiro (Rúa de San Pedro, 15), en Santiago de Compostela, terá lugar o Vermú literario arredor de A gran travesía de Chiruca Macallás, con Xurxo Souto e o Coro Boghino de Caión.