
Arquivos da etiqueta: Raquel Castro
Presentación de Sós, de Carlos Labraña, no Porriño
Entrega do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia a Raquel Castro e presentación de Os dedos e o monstro, de Francisco Antonio Vidal, en Gres
Carlos Labraña gaña o IX Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño coa obra “Sós”
Desde Galaxia:
“O dramaturgo Carlos Labraña gaña o IX Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño pola obra Sós, segundo acordou por unanimidade o xurado reunido o pasado 21 de maio de 2026 na Biblioteca do IES Ribeira do Louro, no Porriño.
O xurado, integrado por Iván Caloto, Pepa Barreiro, Delio García Represas e Raquel Castro, destacou da peza “que sexa unha obra que aborda un tema de actualidade, a guerra, con especial tenrura e sensibilidade; ademais de pola súa linguaxe poética, escrita cun delicado coidado da lingua”.
Na acta do fallo tamén se subliña que “a dramaturxia xoga cunha estrutura que separa o universo íntimo e o máis social dándolle relevancia a partes iguais e as anotación son en realidade poemas que transmiten un sentimento profundo que te leva á reflexión”.
O xurado considerou ademais que se trata “dunha obra moi acaída para o público xuvenil pola temática actual que trata, tanto para a súa representación como para a súa lectura”. (…)”
Gres: entrega do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia a Raquel Castro e presentación de Os dedos e o monstro, de Francisco Antonio Vidal
Raquel Castro gaña o Premio Anisia Miranda de Teatro para a infancia
Desde Cultura Galega:
“A obra Perder o norte, de Raquel Castro Martínez (Salvaterra do Miño, 1971) resultou a gañadora da quinta edición do Premio Anisia Miranda de teatro para a infancia que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas en colaboración coa Dirección Xeral de Cultura da Xunta. O xurado destacou da obra gañadora a súa proposta visual, así como o áxil ritmo dos diálogos no texto. Destacan tamén a actualidade do tema polo tratamento dos valores relacionados co medio ambiente e coa paz e tamén consideran moi positiva a presentación dos personaxes e a relación entre os nomes dos corpos celestes coa mitoloxía e as lendas. O galardón está dotado con 1.000 euros e a publicación da obra na Editorial Embora. A entrega terá lugar na sede da Fundación en Gres o día 24 de maio ás 18.00 horas, nunha xornada na que tamén se presentará o libro premiado na edición do 2024. Raquel Castro é profesora de lingua galega e literatura no ensino secundario, así como presidenta e fundadora da Asociación Teatral de Alxén dende 1999.”













