Arquivo da categoría: Narrativa
A Coruña: presentación de Querido H. P. Lovecraft, de Antonio Manuel Fraga
Vigo: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
O xoves 12 de maio, ás 20:00 horas, no Café Badía (Rúa Sanjurjo Badía, 240), en Vigo, preséntase Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicada en Positivas. No acto, xunto ao autor, participa Francisco Macías. As persoas que así o desexen poderán ler contos do libro.
Compostela: presentación de As horas roubadas, de María Solar
A rotura das paisaxes, de Xesús Constela
Pontevedra: presentación de Camiños na auga, de Manuel Núñez Singala
O luns 9 de maio, ás 18:00 horas, na Praza da Verdura de Pontevedra, dentro do programa Maio, mes de lingua, organizado polo Concello, preséntase Camiños na auga, de Manuel Núñez Singala, publicado por Galaxia, nun acto en que o autor estará acompañado pola xornalista Susana Pedreira, de Onda Cero.
Manuel Rivas: “Ninguén pon esquelas en Internet”
Entrevista a Manuel Rivas en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿As librarías non poden desaparecer?
– Manuel Rivas (MR): Non. O que se reivindica tamén no libro é a libraría como lugar humano porque aí hai memoria, emoción, hai esa mediación entre o libro e as persoas. Pero tamén é un lugar de resistencia que preservar fronte ao baleiro. Na libraría somos todos iguais, aínda que veñamos de diferente procedencia ou condición social. É o lugar da igualdade entre os vivos, pero tamén estamos entre iguais a través dos séculos co mellor que deu a humanidade. Estamos entre iguais con Cervantes e con Shakespeare, con Rosalía e con Emily Dickinson, Homero e García Lorca, con Blanco Amor e Dickens. Pero ademais diso, estamos entre iguais cos personaxes que deixan de ser de ficción e son parte da nosa realidade máis intima como son Hamlet e Don Quixote, a Amparo da Tribuna de Emilia Pardo Bazán ou o Milhomes de A Esmorga. Ulises está alí con Antígona ou ao mellor namórase de Madame Bovary. ¡Eu que sei!
– LVG: A libraría tamén é un espazo de revolución. ¿Precisamos facer unha nestes momentos?
– MR: Walter Benjamin dicía que a revolución en certos momentos non é tanto pór en marcha unha locomotora, senón freala, frear a catástrofe. Penso que a desaparición dos lugares humanos equivale á extinción da biodiversidade da natureza. As librarías, nese senso, serían como os detectores das probas da catástrofe de perda de humanidade. (…)
– LVG: Galicia foi unha terra inspiradora e de acollida….
– MR: É un lugar de fin da Terra histórica ao que chegan moitos pobos refuxiados. Logo non había un alén. Era un peirao de embarque cara o máis alá. Galicia non só resulta un lugar céltico, tamén doutros pobos. Os suevos tiveron aquí un reino por 200 anos. Sánchez Albornoz di que ese pobo guerreiro fundiu as espadas para facer arados. Paréceme que é das metáforas históricas máis atractivas, que a xente transforma as espadas para facer fértil a terra.”
Entrevista a Xesús Constela sobre A rotura das paisaxes
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“”Se estás sempre pensando no que vai ter saída comercial a literatura non evolucionaría nada”. Xesús Constenla publica A rotura das paisaxes, unha novela, un collage de historias, con diversas posibilidades de lectura. A entrevista pode escoitarse aquí.”
O feminismo é uma ilha, por Susana Sánchez Arins
Desde A Sega:
“A situação de partida é a mesma: homem diz a mulher marcho, deixo-te por outra, acabou. E no entanto os contos são tão diferentes que nem sei porque partilham este espaço, se o único em comum é esse marcho, deixo-te por outra, acabou. (…)
Carla, a protagonista de Amor é unha palabra como outra calquera, não foge, mas agacha-se. Fica na mesma casa na que viveu um matrimónio de quinze anos. No seu caso, a mudança vai acontecer sem se deslocar do seu espaço vital, do seu bairro. (…)
Em realidade, estamos perante um claro caso de narrador mansplainer, categoria que se não está inventada, para algo estamos nós. Explicitando-se de gênero masculino, bota toda a narrativa dando lições às leitoras, explicitamente femininas também, daquilo que é sermos vítimas do amor romântico, a má educação e o machismo. Desta maneira acabamos por ler uma protagonista parva que um senhor tem que salvar da queda no abismo sentimental. Mansplaining total! (…)”
Actividades destacadas na Feira do Libro de Bos Aires para o sábado 7 e domingo 8
Do 19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. A AELG está representada por Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente.
Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o sábado 7 de maio:
– 18:00 h. Festival de Poesía, Música e Baile. Con Miguel Anxo Fernán-Vello, a Agrupación Folklórica Baixo Miño, o Grupo de Gaitas da Sociedad de Vedra, a Agrupación Folclórica Galega Miña Terra/Sociedad Arantei, Vilamarín y A Peroxa, o Grupo de Gaitas y Bailes Tradicionales do Centro Galicia de Buenos Aires, o Centro Arzuano Melidense e o Grupo de Baile y de Música del ABC del Partido de Corcubión. Teatro Valle-Inclán do Centro Galicia.
– 19:00 h. Presentación de A noite enriba, de Diego Ameixeiras, publicado por Xerais. Co autor e Kike Ferrari. Stand.
E no domingo 8 de maio:
– 19:00 h. Proxección audiovisual de Os Xogos Florais do Idioma Galego, co seu autor, Xan Leira. Stand.