Continúa
a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) até o vindeiro domingo 8 de maio, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., salvo no fin de semana, en que estará aberta de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h.
As actividades do xoves 5 son as seguintes:
– 18:00 h. Obradoiro de ilustración: Como nace un personaxe. Realización a cargo do ilustrador Xosé Tomás. Actividade realizada coa colaboración de Gálix.
– 19:00 h. O escritor Xabier P. DoCampo presenta o seu libro O misterio das badaladas, publicado por Edicións Xerais. Manuel Bragado, director da editorial, manterá unha conversa con Xosé Cobas (ilustrador do libro) e co autor.
– 20:00 h. Presentación do libro As palabras que move o mar, de Xaime Toxo, publicada por Edicións Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
Arquivo da categoría: Narrativa
Ourense: presentación de Madeira de mulher, de Adela Figueroa Panisse
Santiago: Coloquio con Rosa Aneiros sobre o seu libro Sol de inverno
O
mércores 4 de maio, ás 19:00 h., no Centro Sociocultural das Fontiñas (Rúa Berlín, nº 13), en Santiago de Compostela, terá lugar un encontro con Rosa Aneiros, no que os Clubs de lectura de Fontiñas, Ensanche, Vite, Conxo e o do IES Antonio Fraguas conversarán con ela sobre o seu libro Sol de inverno.
Primeiro capítulo de Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz
Ourense: conferencia Cunqueiro, narrador, de Dolores Vilavedra
O
luns 2 de maio, a partir das 20:15 h., na Aula de Cultura do Liceo de Ourense, comeza o IX Ciclo de Conferencias Visións de Galicia, organizada pola Sección de Literatura desa entidade, con Cunqueiro narrador, a cargo de Dolores Vilavedra. Deixamos aquí este .pdf coa programación completa: Ciclo Visións de Galicia Liceo de Ourense.
O Sinbad de Cunqueiro terá versión en cine no seu centenario
Feira do Libro de Santiago: actividades do 30 de abril e 1 de maio
Comeza
unha nova edición da Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda), entre o sábado 30 de abril e o domingo 8 de maio. O seu horario é de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., salvo no fin de semana, en que terá un horario de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h.
As actividades do primeiro fin de semana son as seguintes:
Sábado 30 de abril:
– 12:45 h. Actuación da Banda de Música de Santiago de Compostela.
– 13:00 h. Inauguración oficial. Pregón inaugural a cargo de Diego Ameixeiras, gañador do Premio Irmandade do Libro ao mellor libro do ano 2010. No acto inaugural, colabora a Asociación do Traxe Galego.
– 18:00 h. Presentación do libro Golfiño e os invasores, de Fausto Isorna, publicado por El Patito Editorial. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.
– 19:00 h. Presentación do libro Svea Kött (carne sueca), de Domingo Tabuyo, publicado en Xerais. Intervirán: Francisco Caamaño, Ministro de Xustiza, Manuel Bragado e o autor.
– 20:00 h. O escritor Javier Alfayate, asinará exemplares do seu libro Aleta de Tiburón: Táctica de un operador en bolsa publicado pola Editorial Grupo de 28 Editores.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
Domingo 1 de maio:
– 12:00 h. A pintora e ilustradora Isabel Pintado asinará exemplares dos libros para nenos Parece unha rosa, de Rosalía de Castro e Cantiga do mazarico, de Emilio Pita, publicados por Edicións Espiral Maior, na colección Lúa Lueira.
– 18:00 h. Obradoiro de baile para todo o público a cargo do grupo Pesdelán, participantes no libro–cd–dvd Na punta do pé publicado por Kalandraka Editora.
– 19:30 h. Presentación do libro A xanela escura, de Jorge Emilio Bóveda, da Colección Alcaián, de Urco Editora. Participarán no acto Denís Fernández Cabrera en representación da editorial e o autor da obra.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
Xaime Toxo: “Concibo a memoria como algo que está presente e vivo”
(Faro de Vigo, a través de Xerais)
O Barco: presentación de Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz
O
xoves 28 de abril, ás 20:00 h, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán (Rúa Academia Dequidt, 6) do Barco de Valdeorras, preséntase o libro Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz, publicado en Galaxia. No acto a autora estará acompañada por Eduardo Ojea Arias e Arturo Ponte.
Vigo: presentación de Deus xogando aos dados, de Fernando Méndez
O
xoves 28 de abril, ás 19:30 h., na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, preséntase o libro Deus xogando aos dados, de Fernando Méndez, publicado en Sotelo Blanco, obra gañadora do Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2010. No acto participa, acompañando ao autor, Ánxela Gracián.
