Francisco
Fernández del Riego, membro de honra da AELG, ilustre galeguista e ex director da Real Academia Galega, faleceu aos 97 anos. A nova recóllese así nos seguintes medios: Xornal, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Cultura Galega, A Nosa Terra, Galaxia e El País. Repercusións posteriores en: Galaxia, Cultura Galega, La Voz de Galicia, Xornal, Galiciaé, e Faro de Vigo. Crónica de Suso de Toro en El País, e de Marcos Valcárcel en Galicia Hoxe, e artigo de Xesús González Gómez en A Nosa Terra. En Cultura Galega recuperan gravacións históricas da súa voz.
Arquivo da categoría: Obituarios
Falece Pancho Álvarez
Falece Herminio Barreiro
(Galicia Hoxe, Xornal, Xerais, Galicia Hoxe). Artigo posterior en Galicia Hoxe.
Finou en Compostela Benito Varela Jácome
Falece Dora Vázquez aos 97 anos, socia de honra da AELG
O
mundo da cultura galega está de loito polo pasamento de Dora Vázquez (1913-2010) o pasado xoves aos 97 anos de idade, e será enterrada este sábado, no cemiterio de San Francisco de Ourense. É autora de varios libros de poesía xunto á súa irmá, a tamén falecida Pura Vázquez, como As Pontes do Amor e de numerosos libros de literatura infantil. Así mesmo, a escritora comezou a súa actividade literaria moi nova con La Noche, no ano 1948 e Vida Gallega. De feito, durante a súa traxectoria profesional recibiu varios premios en certames de xogos florais, de vilancicos e sobre todo, de poesía, e algúns deles de carácter estatal. De feito, a Deputación Provincial de Ourense chegou a crear un Premio de Narrativa e Ilustración Infantil e Xuvenil co nome de Pura e Dora Vázquez ,en honor ás irmás, co obxectivo de renderlles homenaxe e recoñecer a súa traxectoria no mundo da cultura ourensana. Entre as obras de Dora Vázquez máis coñecidas destaca Viaxe ó país dos contos e da poesía, do ano 1985 ou Soñando con Ourense (1995).
Vía Xornal. Recollido tamén en A Nosa Terra.
Faleceu a académica Olga Gallego
Faleceu J. D. Salinger
O célebre escritor estadounidense Jerome David Salinger faleceu onte en Cornish, New Hampshire, aos 91 anos de idade. A súa mítica novela O vixía no centeo foi editada en 1990 por Xerais con tradución de Xosé Ramón Fernández Rodríguez, e desde entón leva vendidos máis de vinte mil exemplares no noso idioma. Tamén podemos ler en galego Nove contos, editado por Sotelo Blanco.
Falece o tradutor Fernando Pérez-Barreiro
Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ferrol, 1931) ven de falecer en Inglaterra, onde residía desde 1963, logo das complicacións dunha repentina e rápida enfermidade. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, viviu a maior parte da súa vida en Londres, aínda que mantendo sempre un estreito contacto con Galicia, onde regresou periodicamente nos últimos anos.
Na capital británica traballou nos Servizos Exteriores da BBC para España, emisora que naquela altura, en pleno franquismo, emitía varias horas en galego. En 1969 converteuse no xefe do servizo de tradutores da Organización Internacional do Café (OIC) e aprendeu chinés, idioma que perfeccionaría na Universidade do Pobo Chinés de Beijing. Tras a súa xubilación continuou mantendo contacto coa OIC así como con outras organizacións internacionais e formou parte do consello asesor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi). Igualmente, deu cursos de tradución en universidades de Londres, Lisboa e Granada.
Como tradutor, en 1972 verteu por primeira vez Shakespeare ao galego (Macbeth, Galaxia) e dez anos máis tarde viu a luz en Xerais unha antoloxía ao seu cargo de narrativa curta chinesa (Flores e leña) na que se considera a primeira tradución directa do chinés ao galego. Tamén traduciu varias obras de Lewis Carrol, da que Alicia no país das marabillas (Xerais, 1984) lle valeu o Premio de Tradución do Ministerio de Cultura.As súas últimas aparicións en público en Galicia foron para recoller a Medalla Castelao 2009 que lle outorgou a Xunta e para intervir xunto a Miguel Barros e Xosé Luis Méndez Ferrín nunha conferencia sobre Ramón Piñeiro, coetáneo seu.
Noticia publicada en Xornal de Galicia
Faleceu Anisia Miranda
A escritora galego-cubana Anisia Miranda faleceu hoxe aos 76 anos de idade. Compañeira desde hai máis de cincuenta anos do escritor Xosé Neira Vilas, con quen casou en 1957, Anisia Miranda é autora dunha importante obra en galego dirixida ao público infantil, con títulos coma Pardela amiga, Cantarolas, Os contos do Compay Grilo, A primeira aventura, A casa dos títeres, A volta do Compay Grilo e Mitos e lendas da vella Grecia.
Morreu Daniel Cortezón
O pasado domingo faleceu no Hospital Xeral de Lugo o dramaturgo e prosista galego Daniel Cortezón Álvarez, nacido en Ribadeo (Lugo) o 6 de febrero de 1927. Entre as súas obras debemos destacar os títulos Xelmírez ou a gloria de Compostela, As covas do rei Cintolo, Pedro Madruga e Prisciliano ou a novela A vila sulagada, gañadora do primeiro premio Blanco Amor.