Xosé Iglesias le un poema de A relixión do mar

Desde a AELG recollemos a lectura dun poema de A relixión do mar por parte do seu autor, Xosé Iglesias, no marco da iniciativa Lecturas fuxidas da Libraría Pedreira, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.

Polafías Polavida, Homenaxe a Isidro Novo (I)

Desde a sección de Literatura de Tradición da AELG convidámosvos a reunirnos cada día, momentaneamente, arredor da lareira virtual que representa o noso inmenso arquivo.
Isidro Novo (1951-2018) foi compañeiro das Polafías da AELG desde a de Vilamartín de Valdeorras (15 de novembro de 2008), ata a celebrada nas Pontes (26 de novembro de 2017).
Hoxe Isidro Novo acompaña a Josefa Arias na lectura dun poema na polafía de Cabreiros (Xermade) o 28 de novembro de 2009.
Esta é a ligazón ao vídeo.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.

Mercedes Queixas le un poema de Partituras

Desde a AELG recollemos a lectura dun texto de Partituras, de Mercedes Queixas, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.

Eli Ríos le un poema do seu libro Ningunha tortilla é mala

Desde a AELG recollemos o vídeo publicado polas Bibliotecas Municipais da Coruña onde Eli Ríos le un poema de Ningunha tortilla é mala, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.

Manuel Rivas le un poema de A boca da terra

Desde a AELG recollemos a lectura dun poema de A boca da terra por parte do seu autor, Manuel Rivas, no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.

Fran Alonso le poemas de Cidades

Desde a AELG recollemos a lectura de varios textos de Cidades, de Fran Alonso, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.

“A flor detida no libro”, de Emma Pedreira

Desde a AELG recollemos o vídeo publicado polas Bibliotecas Municipais da Coruña onde Emma Pedreira le un poema de s/t, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.

Antonio García Teijeiro le un poema de Poemar o mar

Desde a AELG recollemos a lectura dun texto de Poemar o mar, de Antonio García Teijeiro, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.

“A poesía existe desde moito antes do texto” — entrevista con Arancha Nogueira

Entrevista de Silvia Penas Estévez a Arancha Nogueira, desde Urutau:
“(…) – Urutau (U): A poesía é unha forma de ver o mundo?
– Arancha Nogueira (AN): Non estou certa, pero de selo, non é só iso. Penso que é unha forma de relacionármonos co mundo, que precede o mero acto de observalo (pensar en que é un xeito de ver o mundo é xa racionalizar ese acto, e estou convencida de que é algo que é anterior a iso e que tamén o transcende, que está antes e tamén despois). O que si sei, é que a poesía existe desde moito antes do texto, que en todo o proceso de interacción co mundo, de transformación, de impacto, de afecto, está a poesía.
– U: Cando escribes pensas nunha lectora/lector imaxinaria/o? O que escribes vese afectado por iso?
– AN: Non, non adoito pensar en quen o vai ler, aínda que si hai unha intención (e penso que ninguén que escriba e publique pode negalo) de que iso se vaia ler. De todos xeitos, escribo desde min e desde o que sinto que paga a pena contar; a posteriori podo facer esa reflexión de se é máis ou menos universal, de se alguén se vai sentir identificadx… pero non o penso cando me lanzo a escribir. (…)
– U: O teu poema aparece como algo súpeto, que golpea e sae dunha maneira explosiva e rápida ou é un proceso máis pausado e longo?
– AN: Ambas! O xermolo do poema adoita ser unha frase, unhas palabras, un verso ou varios… ou ben unha imaxe. Iso si “vén”, ás veces producto da reflexión ou doutras lecturas, e outras veces por si só. Mais, desde que aparece esa semente até que medra hai un proceso de traballo pasivo, e explícome: de permitir que iso descanse, pero ao mesmo tempo non deixar de telo na cabeza, ir apuntando o que se me ocorre, cavilar ao respecto diso… pode levar moito tempo, pero se algo aprendín logo de anos escribindo poesía é que esa pausa é necesaria e positiva para facer dunha obra algo máis que un arrouto.
– U: Este libro, O único lugar onde ficar inmóbil, en concreto como xurdiu? Onde ou en que dirías que ten o seu xermolo?
– AN: Este libro xorde dunha perda, dunha perda emocional a moitos niveis (comecei a escribilo aló polo 2014, aínda que non o rematei até o 2018). Esa perda emocional, que podemos identificar como unha perda amorosa pero tamén identitaria, leva a un proceso de reconstrución desde a ruína que me parece interesante. Aínda que é un libro cru, duro, reflexiona ao redor da idea de que fica de nós cando nos privan das cousas que pensamos que nos configuran; reflexiona tamén sobre as violencias que sofremos particularmente como mulleres, de como se naturalizan socialmente, de como as afrontamos e de se é posíbel erguerse despois de varar. Gosto desta idea porque non ten moralina, non hai un “tes que facer isto”, non é un manual de instrucións. Tamén por iso, por esa dúbida, creo que é unha lectura que pode axeitarse a estes tempos, aínda que para nada fose escrita con esa idea. (…)”

Pedra Papel Tesoira, por Yolanda Castaño

Desde a AELG recollemos o vídeo das Bibliotecas Municipais da Coruña onde Yolanda Castaño le “Pedra Papel Tesoira”, aquí.