O
sábado 21 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (no Cantón de Molíns), onde, a partir das 19:00 horas, Mario Regueira falará sobre a súa novela Outono aquí, publicada en Sotelo Blanco, gañadora do último premio Lueiro Rei. No acto estará acompañado por Verónica Martínez Delgado.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Ferrol: actividades do venres 20 na Feira do Libro
O
venres 20 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (no Cantón de Molíns), cos seguintes actos literarios:
– 19:00 horas. Sinatura de Luces, bicos e cores, de Concha Blanco, publicado en Embora.
– 19:30 horas. Presentación de Vento galerno, de Antonio Yáñez Casal e Vaia tropa!, de Antón Cortizas, publicados en Xerais. No acto, xunto aos autores, participa Manuel Bragado.
Barcelona: presentación de Poñente, de Pere Tobaruela
O
venres 20 de abril, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Carrer Provença, 276) de Barcelona, preséntase a novela Poñente, de Pere Tobaruela, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participará Helena González.
Lugo: presentación de On a bender/A esmorga, de Eduardo Blanco Amor
Ferrol: comeza a Feira do Libro coa presenza de Xosé Neira Vilas
O
xoves 19 de abril comeza a Feira do Libro de Ferrol (no Cantón de Molíns), onde se presentará, a partir das 20:30 horas, o libro 100 anos do Himno Galego, de Xosé Neira Vilas, publicado por Edicións Embora. O autor lerá previamente, ás 19:30 horas, o Pregón oficial co que dará comezo a Feira.
Pontevedra: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
xoves 19 de abril, ás 20:30 horas, no Pazo de Mugartegui de Pontevedra, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, interveñen, xunto ao autor, Miguel Anxo Fernández Lores e Nacho Carballal.
A Coruña: Semana das Lusofonias, os 24, 25 e 26 de abril
Vigo: presentación de Os fillos do mar, de Pedro Feijoo
O
mércores 18 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase a novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Marcos Calveiro, Manuel Bragado e Sergio Zearreta.
Santiago: presentación de Globalización e imperialismo cultural
O
martes 17 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Globalización e imperialismo cultural, compilado e traducido por Manuel Outeiriño, publicado en Galaxia, quen participará no acto xunto a Carlos Lema e Antón Figueroa.
A Coruña: presentación de A represión franquista na comarca da Coruña
O
venres 13 de marzo, ás 20:00 horas, no Hotel Meliá María Pita (Praia do Matadoiro) da Coruña, terá lugar a presentación do libro A represión franquista na comarca da Coruña, publicado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, coa participación de Emilio Grandío e Xurxo Pantaleón.

