O
venres 6 de outubro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Municipal de Vilaboa (Casa da Cultura de Riomaior), preséntase a triloxía Dragal, de Elena Gallego, publicada en Xerais. O acto está organizado por Vilaboa Comunicación e contará coa participación da propia autora.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Illa da Arousa: presentación de A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins
O
sábado 6 de outubro, ás 20:30 horas, na Sala de Plenos do Concello da Illa da Arousa, preséntase A noiva e o navio, de Susana Sánchez Arins, publicado por Através Editora. No acto, xunto á autora, participa Ugia Pedreira.
Gondomar: presentación de Saibas cantos estas cartas viren… Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961)
O
venres 5 de outubro, ás 20:00 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10) de Gondomar, preséntase o Caderno Ramón Piñeiro nº XXIII, baixo o título Saiban cantos estas cartas viren… Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961), editado polo Centro Ramón Piñeiro, e coordinado por Luís Cochón. No acto, conducido por Rexina Vega, participan o propio Alberto Casal, César Cunqueiro, Luís Cochón, Luís Alonso Girgado e Valentín García Gómez. Pechará o acto o grupo musical Cordas Novas.
Vigo: presentación de Dezaoito
Vigo: presentación de Prisciliano e priscilianismo, coordinado por Victorino Pérez Prieto
O
xoves 4 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase o libro Prisciliano e priscilianismo. Da condena á rehabilitación, coordinado por Victorino Pérez Prieto, publicado en Biblos. No acto, xunto ao autor, participan Tucho Calvo e María José Bravo Bosch.
Vigo: presentación de Antón Reixa. Ghicho distinto, de Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso
O
xoves 4 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, terá lugar a presentación do libro Antón Reixa. Ghicho distinto de Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso, publicado en Xerais. Xunto aos autores, participan Xosé Manuel Pereiro, Antón Reixa e Manuel Bragado.
Pontevedra: presentación e proxección de Dúas Letras
O
xoves 4 de outubro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra, terá lugar a proxección da película e presentación do libro Dúas Letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey. A entrada será de balde até completar aforo.
Santiago: presentación de Alguén así é o Deus en quen eu creo, de Andrés Torres Queiruga
O
mércores 3 de outubro, ás 20:00 h., na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII, s/n.) de Santiago de Compostela, Andrés Torres Queiruga presenta o seu novo libro, Alguén así é o Deus en quen eu creo, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Víctor F. Freixanes, Xavier Martínez Cobas e Xan López Facal.
Mudar o xeito no que pensamos a cultura
“Un
ambicioso proxecto que ao longo de catro anos achegou ao noso país pensadores de renome internacional. Debates a múltiplas bandas, autores traducidos por vez primeira ao galego e a tentativa de modificar o xeito no que se concibe a idea de cultura no noso país. O Consello da Cultura presentaba o pasado venres un volume de 700 páxinas que fecha a primeira etapa do ciclo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s), pero o proxecto continúa. Unha intervención de Félix Duque, a falar sobre O neohumanismo da non cidade abría en febreiro de 2007 este ciclo. Desde entón, un bo feixe de pensadores pasaron pola sede do Consello da Cultura Galega, deixando os seus relatorios e que agora ven a luz nun só volume. Ramón Máiz coordinou este ciclo, que pretende “abordar o concepto de cultura desde a pluralidade no mundo de hoxe. Hai debates moi recentes en Antropoloxía, Socioloxía, a relación de cultura e cidade, a cultura e a nación ou o multiculturalismo”, sinala a resumir algunhas das propostas que se recolleron no encontro. En palabras de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura, a actividade “reflicte un estilo intelectual e un modo de actuar institucional”. (…)” Desde Cultura Galega.
Santiago: presentación de En vías de extinción, de María Reimóndez
O
martes 2 de outubro, ás 20:30 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, preséntase En vías de extinción, de María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan María do Cebreiro e Manuel Bragado.
