Presentación en Escocia dun poemario galego-inglés de Óliver Escobar

galicianO escritor galego Óliver Escobar presentará o vindeiro luns 7 de outubro en Escocia o seu poemario bilingüe galego-inglés Galician rhapsody, blues escocés, encargado pola Universidade de Stirling (Escocia) e publicado por Morgante (Rinoceronte Editora).

O libro xa está dispoñíbel nas librerías galegas e na rede. A presentación en Galicia terá lugar a comezos de xaneiro.

A Coruña: presentación do libro 10 experimentos con pelos

A Fortiori Editorial presenta na Coruña 10 experimentos con pelos, o primeiro libro da colección Ciencia Infinita, dirixida a nenos de máis de 8 anos. Será o martes 29 de setembro na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés ás 20 h. O acto será presidido pola directora da editorial, Natividad de la Puerta Rueda e estarán presentes os autores do libro, Marcos Pérez Maldonado, Francisco Franco del Amo, Patricia Barciela Durán e Francisco Armesto Ramón, dos Museos Científicos Coruñeses.

Vigo: Xavier Queipo presenta o seu novo libro

invit-felicesPicar sobre a imaxe para ampliala

O vindeiro martes 15 de setembro terá lugar en Vigo a presentación do libro Felices e diferentes de Xavier Queipo, nun acto que contará coa participación de Ana Romaní e Xosé Manuel Beiras. Será a partir das 20 horas na coctelería Uno está (Rúa Real, 14).

Fisterra: presentación de Escapado de Luis Lamela

O próximo día 4 de setembro, ás 20 horas, no Salón de Plenos do concello de Fisterra se presentará o libro Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, a primeira novela de Luis Lamela, editada por Edicións Xerais de Galicia. O autor estará acompañado polo escritor e poeta Modesto Fraga.

Viveiro: presentación de No cubil da Lúa

Baía Edicións presenta en Viveiro No cubil da Lúa, do mestre e poeta mariñán Xoán Neira. Será o sábado día 15 de agosto , ás 21:00 horas, na Feira do Libro de Viveiro (Xardíns Noriega Varela) e no acto participarán ademais do autor, a poeta, narradora, ensaísta e dramaturga Marica Campo acompañados dunha representación de nenas e nenos da vila, que recitarán poemas do libro, ilustrado polo galego-cubano Juan Darién.

En No cubil da Lúa conflúen poesía, plástica e animais coñecidos do noso medio, xuntos en 14 poemas que achegan a nenos e nenas outros tantos animais que viven en liberdade e dormen baixo o amparo da Lúa, descritos con fermosas e evocadoras figuras que perfilan poéticamente os seus lazos singulares.

Cee: presentación de Escapado

O xoves 13 de agosto ás 20 horas nos locais do Museo Fernando Blanco de Lema, e dentro das actividades culturais da Feira do Libro de Cee, presentarase o libro Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola
illa de San Simón
, a primeira novela de Luis Lamela, editada por Edicións Xerais de Galicia. O autor estará acompañado por Miro Villar.