O
sábado 22 de setembro, ás 18:00 horas locais, na Livraria Porta XIII de Vila Nova de Cerveira, terá lugar a presentación conxunta da colección DiVersos de Edicións Positivas. No acto participarán Paula Carballeira, Estevo Creus, Rosalía Fernández Rial, Alfredo Ferreiro, Serxio Iglesias, Samuel L. París e o editor Paco Macías, acompañados pola música do grupo De outra margem.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Ribeira: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
venres 21 de setembro, ás 20:00 horas, na Aula Multiusos da Confraría de Ribeira, preséntase o libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Elvira Blanco, Rosana Pérez, Luís Pérez, María Torres e Manuel Bragado.
Crónica posterior en La Voz de Galicia.
A Coruña: presentación de Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
O venres 21 de setembro, ás 20:00 horas, no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), en que participaron Isaac Alonso Estraviz, Xosé María Álvarez Cáccamo, Carmen Blanco, Vicente Araguas, Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo Andión, Lois Diéguez, Xesús Rábade Paredes, Ánxeles Penas, Claudio Rodríguez Fer, Alberte Suras e Luz Pozo Garza, xunto coa colaboración gráficas de Felipe Senén. No acto, onde estarán presentes grande parte dos autores, haberá unha actuación musical de Xiana Lastra.
Santiago: presentación de Prisciliano e priscilianismo, coordinado por Victorino Pérez Prieto
O
mércores 19 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, preséntase o libro Prisciliano e priscilianismo. Da condena á rehabilitación, coordinado por Victorino Pérez Prieto, publicado en Biblos. No acto, xunto ao autor, participan Tucho Calvo e Pilar García Negro.
Vigo: presentación de As meigas de Lupa, de María Solar
O
xoves 20 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, preséntase o libro As meigas de Lupa, de María Solar, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Fran Alonso e a rapeira Aid.
Santiago: Congreso do Bicentenario de Francisco Añón, os 4 e 5 de outubro
O
xoves 4 e o venres 5 de outubro, na Cidade da Cultura de Santiago, terá lugar o Congreso do Bicentenario de Francisco Añón, coordinado por Xoán Mariño. O programa previsto é o seguinte:
Xoves, 4 de outubro
– 16:00 h. Inauguración do congreso.
– 16:30 h. Intervención de Ramón Villares: A xeración de 1846.
– 17:15 h. Inauguración da exposición Añón, precursor do Rexurdimento.
– 18:00 h. Proxección do documental Añón na memoria, de Juan Silva e Óscar Sendón.
– 19:15 h. Intervención de Gonzalo Navaza: Consideracións sobre a poesía de Añón.
– 20:00 h. Presentación do libro Poesías galegas de Francisco Añón. Con Xosé Luís Méndez Ferrín.
Venres, 5 de outubro
– 10:00 h. Roteiro literario pola Compostela do Poeta Añón: Alameda, San Clemente, edificios da Universidade, San Martiño Pinario, Facultade de Historia…
– 12:00 h. Intervención de Pilar Sampedro: Valor e valores da poesía de Añón.
– 12:45 h. Intervención de Manuel García Sendón: Añón: creador do programa literario do Rexurdimento.
– 16:30 h. Intervención de Rosario Álvarez: O Poeta Añón na forxa do galego literario.
– 17:15 h. Intervención de Xesús Alonso Montero: Añón na literatura galega do Prerrexurdimento.
– 19:15 h. Presentación do libro Vida e obra de Francisco Añón. Por Ramón Blanco, autor do mesmo, e Víctor Freixanes, editor.
– 20:00 h. Coloquio.
– 20:30 h. Clausura.
Desde Certo.
Betanzos: presentación de Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho
O
sábado 15 de setembro, ás 20:30 horas, no Salón Azul do Liceo de Betanzos, en colaboración coa A. C. Eira Vella, preséntase o libro Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho, publicado nos Cadernos Q de Vian.
Búscanse autores para o cuarto volume de Contos Estraños
Contos Estraños,
selo especializado en literatura fantástica e de terror en Galicia, segue na procura de novos escritores e ilustradores para o seu cuarto volume recompilatorio. Se en números anteriores descubrimos a autores como Xosé Duncan, Manuel Gayoso ou David Botana -entre outros moitos-, dende a editoria animan á xente a enviar os seus orixinais relacionados co mundo do estraño, o fantástico e o grotesco, incluso relacionado co Nadal, xa que o número aparece por esas datas. Dende Contos Estraños indican que os textos deben estar preferentemente escritos en galego, aínda que tamén admitiranse en castelán. Xunto co orixinal debe entregarse unha breve sinopse e unha pequena recensión biográfica. Enviaranse en formato .doc ao correo electrónico: contosestranhos@gmail.com O prazo para enviar os orixinais remata o vindeiro 30 de setembro.
Presentación do nº 3 de Contos Estraños. Santiago de Compostela acollerá o sábado 29 de setembro a presentación do nº 3 de Contos Estraños, adicado desta volta a Ci-Fi e en especial a Ray Bradbury. O programa de actos é o seguinte:
– 14:00-15:00 h.: Sesión vermut no J de Joker.
– 15:00-17:00 h.: Comida e sobremesa.
– 17:30-19:30 h.: Proxección en pantalla grande de Blade Runner – Final Cut no pub Tatooine.
– 19:30-21:00 h.: Presentación oficial do Nº 3 de Contos Estraños.
– 21:00-23:00 h.: Bocatas no bar A Taquilla.
– 23:00 h.… o que Deus queira… ou o que o corpo aguante.
Comida: Será no J de Joker. O menú será de 10 €. Os interesados teñen que reservar praza a través do email: contosestranhos@gmail.com O prazo da reserva finaliza o luns 24 de setembro.
Enderezos:
J de Joker: Rúa Nova de Abaixo, 4 Baixo – 15706 Santiago de Compostela.
Tatooine: Rúa República Argentina 50 – Santiago de Compostela.
La Taquilla: Rúa Fernando III el Santo 14 – Santiago de Compostela.
Desde Fervenzas Literarias.
Bretoña, Pastoriza: Pega no Livro, Romagem Literária
Arteixo: presentación de 50 faros de Galicia, de Javier Toba
O
sábado 8 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3, baixo) de Arteixo, preséntase o libro 50 faros de Galicia, de Javier Toba, publicado en Biblos. No acto, xunto ao autor, participa Tucho Calvo.


