O
martes 11 de outubro, ás 19:45 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntanse Por ninguén aloumiñada e No sangue dos bardos, os dous tomos que conforman a obra poética completa de Xosé Lois García, publicados en Toxosoutos. No acto, acompañando ao autor, participan Héitor Picallo, Uxío Novoneyra Rei e David González Couso.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Muxía: presentación de O noso amor será eterno, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón
O
sábado 8 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía, preséntase a novela O noso amor será eterno, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Félix Porto, Viki Rivadulla, Miro Villar e Manuel Bragado. O acto está organizado pola editorial e a Fundación Gonzalo López Abente.
Ponteceso: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
venres 7 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría A Tenda dos Libros (Avenida de Anllóns, 2, baixo) na Trabe (Ponteceso), preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participan, co autor, Silvana Castro e Pepe Alborés.
Marín: presentación de Loita e clases e represión franquista no mar, de Dionísio Pereira
O
venres 7 de outubro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Marín (Rúa Ourense, 8), preséntase o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), Dionísio Pereira, publicado en Xerais. No acto participan, co autor, Carlos Velasco e Xosé Manuel García Crego.
Santiago: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
mércores 5 de outubro, ás 20:30 horas, no Restaurante O Dezaseis (Rúa de San Pedro, 16) de Santiago de Compostela, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, participan, co autor, Francisco Rodríguez, Ramón Mariño Paz, Noelia Fernández Sánchez e Manuel Bragado.
Rosa Enríquez: “Para min, a desobediencia é un acto ético”
Entrevista
a Rosa Enríquez en La Voz de Galicia:
‘Rosa Enríquez Noya (Rúa, 1969) presentou onte na Libraría Couceiro de Santiago seu derradeiro traballo literario, Desobediencia, un libro de poemas que fala sobre todo da necesidade de romper as imposturas da palabra e pasar a acción. Para ela, “a desobediencia é un acto ético” e as verbas “ás veces se reducen a exercicios sintácticos e logo non son certos”. Esta escritora galega, licenciada en Hispánicas e profesora de francés no instituto Macías o namorado de Padrón, é un ariete contra todos aqueles que falan por falar. Que finxen comportamentos que logo non cumpren. É contra eses círculos pechados e baleiros de frescura, contra eses ámbitos de grupos impermeables onde non transitan as ideas, contra os que Enríquez desobedece en forma de poema. Desobediencia, editado por A porta verde do sétimo andar, consta de catro partes a modo de capítulos e ten versos en galego, en castelán e máis en francés.’
Vigo: presentación de O enigma do segredo, de María do Carme Kruckenberg
O
venres 30 de setembro, ás 20:00 horas, no Museo Verbum-Casa das Palabras (Avenida de Samil, 17) de Vigo, preséntase o último poemario de María do Carme Kruckenberg, O enigma do segredo, publicado en Barbantesa. No acto estará acompañada por Marta Dacosta.
Pontedeume: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
venres 30 de setembro, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal de Pontedeume, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola Mesa pola Normalización Lingüística e o Colectivo Cultural Terra, participa, co autor, Miguel Rodríguez Carnota.
Lugo: presentación de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas
O
venres 30 de setembro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, preséntase o libro Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, publicado en Xerais. No acto, acompañando ao autor, participarán Xosé Chorén e Manuel Bragado. Crónica posterior en El Progreso.
Boiro: presentación de Máxico tear natural, de Xosé M. Lobato
O
venres 30 de setembro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos de Boiro (Rúa Principal, 65), terá lugar a presentación do libro Máxico tear natural, de Xosé M. Lobato Martínez, publicado en Alvarellos. No mesmo acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Alvarellos Editora, a Galería Sargadelos do Barbanza e o Concello de Boiro presentarase tamén un novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia. No acto, ademais do autor, participan Xosé Ricardo Losada, Henrique Alvarellos, Jesús Lojo Alcalde, Alberto Piñeiro e Helena Teixeira Barcala.