Becerreá: actividades do 25 aniversario da A. C. A Pipa

Vigo: presentación de Dramatículas, de Afonso Becerra

O mércores 15 de febreiro, no Teatro de Arte Livre (Rúa Vázquez Varela, 19), de Vigo, preséntase o libro Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. No acto, xunto ao autor, participan Marta de Sinllán e Manuel F. Vieites, contando tamén coa actuación teatral de María Roja, Roberto Cordovani e Javi Toste.

Becerreá: entrega de premios do XX Certame Literario A Pipa 2011

O mércores 28 de decembro, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Becerreá, terá lugar a entrega de premios do XX Certame Literario A Pipa 2011 da Alta Montaña Luguesa. O acto será presentado por Amparo Becerra, Alicia Chao, Xavier Fernández e Rafa Ramos, e posteriormente celebrarase a XX Noite poética A Pipa 2011, con María Lado e Lucía Aldao, co seu show Moita poesía e pouca diversión, presentadas por Marta de Sinllán e Afonso Becerra.

Becerreá: presentación de Dramatículas, de Afonso Becerra

O martes 27 de decembro, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Becerreá (Rúa Eulogio Rosón, s/n.) preséntase o libro Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. No acto, xunto ao autor, participan María do Cebreiro e Marta de Sinllán. Durante o mesmo, a artista e actriz María Roja realizará unha acción teatral cun dos textos do libro.

Santiago: presentación de Dramatículas, de Afonso Becerra

O xoves 15 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. No acto, xunto ao autor, participan Francisco Pillado e Marta de Sinllán. Durante o mesmo, haberá dúas intervencións teatrais coa actriz Luísa Merelas e o actor Roberto Leal.