Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Allariz: presentación de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández
O
venres 17 de xuño, ás 21:00 horas, na Libraría Aira das Letras (Rúa Emilia Pardo Bazán, 5) de Allariz, preséntase Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicada en Galaxia.
Vigo: presentación de Cero, de Oriana Méndez
Guitiriz: presentación do libro A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga), de Emilio Grandío e Eliseo Fernández
O xoves 16 de xuño, ás 20:00 horas, no local da A. C. Xermolos (Casa das Palabras), en Guitiriz, preséntase o libro A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga), de Emilio Grandío e Eliseo Fernández, coa participación deste último, acompañado por Alfonso Blanco, Baldomero Iglesias “Mero” e Santiago Fernández.
O Barco: presentación de O lecer das augas
O
venres 17 de xuño, ás 20:30 h., no edificio multiusos do Concello de O Barco de Valdeorras, presentación de O lecer das augas. Historia dos balnearios en Galicia. 1700-1936, publicado en Galaxia. Participan no acto Aurelio Blanco Trincado, Felipe Senén e Luís Alonso Álvarez, que falará en nome dos tres autores do libro.
A Coruña: presentación de A novísima dereita e nós, de Manuel M. Barreiro
O
xoves 16 de xuño, ás 20:00 horas, no Café Borrazás (Rúa do Orzán, 165) da Coruña, preséntase o ensaio A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa, de Manuel M. Barreiro, publicado en 2.0 Editora. No acto, acompaña ao autor Xosé Manuel Pereiro.
Santiago: presentación de 1980 (ano cero), de Rubén Martínez Alonso
O
xoves 16 de xuño, ás 19:45 horas, na Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural) de Santiago de Compostela, preséntase a novela 1980 (ano cero), de Rubén Martínez Alonso, publicada en Toxosoutos. No acto acompañarán ao autor Xosé Díaz e David González Couso.
Santiago: presentación de TAZ (Zona Temporalmente Autónoma), de Hakim Bey e Chamamento
O
xoves 16 de xuño, ás 19:30 horas, na Gentalha do Pichel (Rúa Santa Clara, 21) de Santiago de Compostela, preséntanse dous ensaios: TAZ (Zona Temporalmente Autónoma), de Hakim Bey e o anónimo Chamamento, os dous publicados en Axóuxere Editora. No acto intervirán Manu Cebral, Manuel del Río, Rafa Xaneiro e Roberto Abuín.
Barcelona: presentación de Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, de Carlos Callón
O
mércores 15 de xuño, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos (Carrer Provença, 276) de Barcelona, preséntase o libro Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, de Carlos Callón, Premio Vicente Risco de Ensaio 2011, e publicado en Sotelo Blanco. No acto participan, acompañando ao autor, Olegario Sotelo Blanco e Helena González.
Pontevedra: presentación de A novísima dereita e nós, de Manuel M. Barreiro
O
mércores 15 de xuño, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Oliva, 24) de Pontevedra, preséntase o ensaio A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa, de Manuel M. Barreiro, publicado en 2.0 Editora. No acto, organizado pola editora e o Ateneo de Pontevedra, acompañan ao autor Xoán Hermida e Antón Baamonde.
