A Coruña: Mostra de teatro amador

Mostra de teatro 40 Aniversario

Santiago e Padrón: No camiño da lingua

Guitiriz: presentación do libro A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga), de Emilio Grandío e Eliseo Fernández

O xoves 16 de xuño, ás 20:00 horas, no local da A. C. Xermolos (Casa das Palabras), en Guitiriz, preséntase o libro A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga), de Emilio Grandío e Eliseo Fernández, coa participación deste último, acompañado por Alfonso Blanco, Baldomero Iglesias “Mero” e Santiago Fernández.

Santiago: actividades de xaneiro de Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, na Cidade da Cultura

Os sábados 15 e 29 de xaneiro, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, que se desenvolven na Cidade da Cultura, terán lugar estas actividades:

15 de xaneiro. Rosalía, a voz dun pobo:
12:00 | Relatorio: María do Cebreiro Rábade Villar. Poeta, profesora e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente desenvolve un estudio no que aborda diferentes aspectos da obra de Rosalía de Castro.
13:00 | Ao raso coas lebres (60’), da compañía CasaHamlet. Textos de Rosalía de Castro dramatizados e musicados a cargo desta compañía dirixida por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández.
Presenta: Helena Villar Janeiro, presidenta da Fundación Rosalía de Castro.
29 de xaneiro. Manuel Antonio: “venador” de horizontes:
12:00 | Relatorio: Xosé Luís Axeitos. Catedrático de Lingua e Literatura Castelá e Secretario da Real Academia Galega. Experto na obra de Manuel Antonio, ten publicado varios libros sobre a poética do visionario rianxeiro.
13:00 | Manuel Antonio e mais dispois (35’). A poeta performática María Lado acompañada polo xenial pianista Nacho Muñoz interpretan textos de Manuel Antonio que mostran a súa concepción radical da creación artística.

A Coruña: Isto é o que nos foi dado, homenaxe escénica a Ricardo Carvalho Calero

O mércores 24 de novembro, a partir das 21:00 h., no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, con entrada libre até completar capacidade, terá lugar, dentro das actividades das Xornadas Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación, o espectáculo Isto é o que nos foi dado, homenaxe escénica ao autor, dividido en dúas partes: un recital a cargo de Lino Braxe, Flor Maceira, Santiago Fernández e Manu Clavijo, e un concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins.

Padrón: Ao raso coas lebres, de Casahamlet

O venres 8 de outubro, a partir das 20:00 h., na Casa-Museo Rosalía de Castro de Padrón, terá lugar a representación de Ao raso coas lebres, por Casahamlet, coa participación de Manuel Lourenzo, Santiago Fernández e os músicos Manu Clavijo e Brandan Lourenzo, con motivo do 152º aniversario do casamento de Rosalía de Castro con Manuel Murguía. Ao raso coas lebres tenta mostrar a lucidez e a rebeldía dunha muller que, adiantándose ao seu tempo, desvela a situación do pobo e da cultura galega, comezando pola lingua, que ten nela a primeira usuaria con forza suficiente para inaugurar un tempo novo marcado pola consciencia e polo orgullo, así como pola contundencia fronte ás agresións.