O
venres 17 setembro, a partir das 20:30 h., preséntase no Verbum (Avenida de Samil, 17) de Vigo o que, pola propia vontade de María do Carme Kruckenberg, será o seu derradeiro poemario, A voz da auga, publicado por Barbantesa, completando unha singradura poética comezada moitos anos atrás. Haberá un recital da autora coa participación de Susana Blanco (violonchelo) e Leonardo Blanco (violín) tocando As catro estacións de Antonio Vivaldi.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Vigo: presentación de Sétimo andar, poesía alén
O sábado 1
8 de setembro, a partir das 21:00 h., preséntase en “A Cova dos Ratos” (na rúa Romil, 3) de Vigo o libro Sétimo andar, poesía alén, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, no que participan Miguel Ángel Alonso, Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán, María N. Soutelo, Manolo Pipas e Ramiro Vidal. O deseño da portada é de Roberto Alonso.
Betanzos: presentación de Os libros prestados, de Xabier López
O venres
17 de setembro, ás 20:00 h., na Sala Azul do Edificio Liceo de Betanzos, Xabier López presenta Os libros prestados, publicado por Galaxia. No acto participan, co autor, Gabriela Rodríguez, presidenta da Asociación Cultural Eira Vella, Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Santiago Jaureguizar, xornalista e escritor.
Vigo: presentación de Penúltimo acto
O venres
17 de setembro, a partir das 18:30 h., preséntase na Galería Sargadelos de Vigo (rúa Urzaiz, 17), o libro Penúltimo acto. No acto participarán, alén dos autores, Antonio Alonso Fontán e o editor, Fernando L. Pérez Poza.
Carballo: presentación de 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega, de Fernando Fernández Rego
O xoves 16
de setembro a partir das 21.00 h. na Reserva (Carballo), preséntase o libro 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega, publicado en Toxosoutos, coa participación, acompañando ao autor, de Tasende (Metro) e Franc3s. O evento forma parte dos actos do Xiriapop. Logo da presentación terá lugar unha pinchada a cargo do propio autor do libro, Fernando Fernández Rego.
A Coruña: presentación de Represalia e desagravio dun médico lucense republicano, de José Luis Díaz Gómez
O
xoves 16 de setembro, ás 20:00, preséntase na Galería Sargadelos da Coruña (rúa Real, 56), o libro Represalia e desagravio dun médico lucense republicano, de José Luis Díaz Gómez, publicado en Edicións do Castro. No acto, patrocinado polo Ateneo Republicano de Galicia, participarán Guillermo de la Fuente Mezquita e Andrés Páramo Casas.
Ourense: presentación de A vila das ánimas, de Jorge Emilio Bóveda
O xoves
16 de setembro, a partir das 17:00 h., preséntase na Libraría Duen de Bux, na Praza Maior de Ourense, o libro A vila das ánimas, de Jorge Emilio Bóveda, publicado por Toxosoutos.
Vigo: presentación de O burato do inferno, de Xosé Manuel e Ramón Trigo

A Coruña: presentación da antoloxía de poesía erótica Erato bajo la piel del deseo
A Librería
Arenas da Coruña acolle o xoves 9 de setembro, a partir das 20:30 h., a presentación da antoloxía de poesía erótica Erato bajo la piel del deseo, publicado por Sial Ediciones, que inclúe a varios de distintos poetas galegos. Na presentación participan Xosé María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña e poeta, Pura Salceda, antóloga e poeta, e o editor Basilio Rodríguez Cañada. Tamén haberá un recital coa presenza de varios dos autores antologados: Luz Pozo Garza, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Estevo Creus, Lucía Novas, Emma Pedreira, Branca Vilela, Cesáreo Sánchez Iglesias, e Montserrat Doucet.
Santiago: presentación de Reescrituras do conto popular (2000-2009)
O mércores
8 de setembro, ás 13:00 horas, preséntase na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia de Santiago o libro Reescrituras do conto popular (2000-2009), publicado por Xerais, que para este ano preparou a LIXMI, a rede de investigación das Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico.