Vigo: presentación de Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral, de Camiño Noia

Dentro das actividades da Feira do Libro de Vigo, o mércores 7 de xullo ás 19:30 horas, a profesora da Universidade de Vigo Camiño Noia presenta o libro Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral, editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. No acto participan, coa autora, Antón Santamarina e Antón Palacio.

Vigo: presentación de O soño (re)dirixido, de Vítor Vaqueiro

No marco das actividades da Feira do Libro de Vigo, o martes 6 de xullo, ás 20:30 horas, Vítor Vaqueiro presenta O soño (re)dirixido, publicado por Galaxia. No acto participarán Víctor F. Freixanes, Xosé María Álvarez Cáccamo e o propio autor.

Vigo: presentación de Xuvia-Neda, de Vicente Araguas e sinatura de libros de X. R. Quintana Garrido

Dentro das actividades da Feira do Libro de Vigo, o martes 6 de xullo, ás 19:30 horas, Vicente Araguas presenta Xuvia-Neda, publicado por Xerais. No acto participarán Manuel Bragado e o propio autor.
Ese mesmo día, ás 20:00 horas, Xosé Ramón Quintana Garrido asinará exemplares do seu libro Un longo e tortuoso camiño, publicado por Galaxia.

Vigo: Rosa Aneiros asina exemplares da súa obra e presentación de Dragal, de Elena Gallego

Este luns 5 de xullo, no marco da Feira do Libro de Vigo, Rosa Aneiros asinará exemplares de Sol de Inverno, Ás de bolboreta e do resto da súa obra, a partir das 19:00 horas.
A partir das 19:30 horas, preséntase a novela Dragal, de Elena Gallego, publicada por Edicións Xerais. No acto acompañará á autora Manuel Bragado.

Vigo: presentación de Covalladas, de Xurxo Borrazás

No marco da Feira do Libro de Vigo, o luns 5 de xullo, ás 20:30 horas, Xurxo Borrazás presentará Covalladas, publicado por Galaxia. No acto participarán Carlos Lema, Arturo López Regueiro e o propio autor.

Vigo: comeza a Feira do Libro (do 2 ao 11 de xullo)

O venres 2 de xullo inaugúrase a Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na praza de Compostela, co pregón que pronunciará ás 20:00 horas o escritor Xosé Cid Cabido, autor de Unha historia que non vou contar, premio ao mellor libro de Narrativa do ano 2009 da Asociación de Escrtiores en Lingua Galega. A continuación, ás 20:30 horas, realizarase a presentación do libro A viaxe do Ser de Manuel Pérez de Lis, na que o autor estará acompañado pola editora Helena Pérez.
O programa de actividades pódese descargar aquí.

Betanzos: presentación de Espertar, de Lino García e Helena Robledo

O sábado 3 de xullo, ás 20:30 horas, no salón azul do edificio Liceo (Praza dos Irmáns García Naveira) de Betanzos, preséntase o libro Espertar, de Lino García Salgado (poemas) e Helena Robledo Muíña (fotografía), prologado por Xabier López. O acto está organizado pola Asociación Cultural Eira Vella.

A Estrada: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón

O mércores 30 de xuño ás 20,30 horas, na Sala de Exposicións de Caixanova, na Estrada, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Edicións Xerais. O acto contará coa participación de David Otero e Carlos Callón.

A Coruña: presentación do Dicionario Seoane e o DVD Luís Seoane: visualidade, recordo e síntese

O mércores 30 de xuño, ás 19:00, na Fundación Luís Seoane (San Francisco, s/n) da Coruña, preséntanse o Dicionario Seoane, con textos de Xosé Díaz, Antón Patiño, Mª Antonia Pérez, Xavier Seoane e Ramón Villares, e o DVD Luís Seoane: visualidade, recordo e síntese. Máis información aquí.