Cangas: presentación de Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha, de Mónica Bar Cendón

O sábado 10 de xullo, ás 18:00 h., no Auditorio Municipal de Cangas e dentro da programación das VII Xornadas da Muller, terá lugar a presentación do libro de Mónica Bar Cendón Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha, publicado en Xerais. No acto acompañará á autora o editor Manuel Bragado.

Vigo: presentación de Cores do Atlántico e Zampadanzas

Dentro das actividades da Feira do Libro de Vigo, este sábado 10 de xullo ás 19:30 h. preséntase o libro-disco Cores do Atlántico, publicado por Pai-Música, con textos de Ria Lemaire, músicas de Socorro Lira e ilustracións de Quique Bordell. No acto participarán Camiño Noia, profesora da Universidade de Vigo, a cantante Uxía e Santi Vázquez, presidente de Asociación Ponte nas Ondas.
Ese mesmo día ás 20:30 h., Edicións do Cumio presenta o libro Zampadanzas, do colectivo de baile portugués Pédechumbo. Participarán no acto as autoras do libro, Mercedes Prieto, Marta Pereira e Serxio Cobos e o representante da editorial, Cándido Meixide.

Vigo: presentación de Un home impuntual, de Pepe Cáccamo

Dentro das actividades da Feira do Libro de Vigo, o venres 9 de xullo, ás 20:30 horas, Pepe Cáccamo presenta o seu libro Un home impuntual, publicado en Galaxia. No acto participan o autor acompañado de Francisco Castro.
Previamente, a partir das 20:00 horas, Pablo Díaz e Marc Taeger asinarán exemplares do seu libro–disco Tic Tac, publicado por Kalandraka Editora.

Vigo: presentación de O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro

Dentro das actividades da Feira do Libro de Vigo, o xoves 8 de xullo, ás 20:30 horas, preséntase O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro, publicado en Galaxia. No acto participarán Xesús Domínguez Dono, Ledicia Costas e o propio autor.

Vigo: presentación de Níxer, con Alfonso Costa, Francisco Fernández Naval e Camilo Franco

No marco das actividades da Feira do Libro de Vigo, o xoves 8 de xullo, ás 19:30 horas, preséntase Níxer, publicado por Edicións Xerais. No acto participarán os seus autores, Alfonso Costa, Francisco Fernández Naval e Camilo Franco, acompañados por Isabel Iglesias Santos, responsable en Galicia de Acción contra a Fame e Fran Alonso.

Santiago: presentación da tradución de O home que era Xoves, de G. K. Chesterton

Este martes 6 de xullo, ás 20:00 h., preséntase na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago a tradución da obra de Gabriel Keith Chesterton O home que era Xoves, feita por Marta Verán, publicada en 2.0 editora. No acto participan Xabier Cid e Antón Lado.

Vigo: presentación de O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro

Dentro das actividades da Feira do Libro, este mércores 7 de xullo ás 20:30 horas, Marcos Calveiro presenta o seu libro O pintor do sombreiro de malvas, Premio Lazarillo 2009, publicado en Xerais. No acto participan Ramón Trigo, Manuel Bragado e o propio autor.