A Coruña: presentación do libro 10 experimentos con pelos

A Fortiori Editorial presenta na Coruña 10 experimentos con pelos, o primeiro libro da colección Ciencia Infinita, dirixida a nenos de máis de 8 anos. Será o martes 29 de setembro na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés ás 20 h. O acto será presidido pola directora da editorial, Natividad de la Puerta Rueda e estarán presentes os autores do libro, Marcos Pérez Maldonado, Francisco Franco del Amo, Patricia Barciela Durán e Francisco Armesto Ramón, dos Museos Científicos Coruñeses.

Vigo: Xavier Queipo presenta o seu novo libro

invit-felicesPicar sobre a imaxe para ampliala

O vindeiro martes 15 de setembro terá lugar en Vigo a presentación do libro Felices e diferentes de Xavier Queipo, nun acto que contará coa participación de Ana Romaní e Xosé Manuel Beiras. Será a partir das 20 horas na coctelería Uno está (Rúa Real, 14).

Fisterra: presentación de Escapado de Luis Lamela

O próximo día 4 de setembro, ás 20 horas, no Salón de Plenos do concello de Fisterra se presentará o libro Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, a primeira novela de Luis Lamela, editada por Edicións Xerais de Galicia. O autor estará acompañado polo escritor e poeta Modesto Fraga.

Viveiro: presentación de No cubil da Lúa

Baía Edicións presenta en Viveiro No cubil da Lúa, do mestre e poeta mariñán Xoán Neira. Será o sábado día 15 de agosto , ás 21:00 horas, na Feira do Libro de Viveiro (Xardíns Noriega Varela) e no acto participarán ademais do autor, a poeta, narradora, ensaísta e dramaturga Marica Campo acompañados dunha representación de nenas e nenos da vila, que recitarán poemas do libro, ilustrado polo galego-cubano Juan Darién.

En No cubil da Lúa conflúen poesía, plástica e animais coñecidos do noso medio, xuntos en 14 poemas que achegan a nenos e nenas outros tantos animais que viven en liberdade e dormen baixo o amparo da Lúa, descritos con fermosas e evocadoras figuras que perfilan poéticamente os seus lazos singulares.

Cee: presentación de Escapado

O xoves 13 de agosto ás 20 horas nos locais do Museo Fernando Blanco de Lema, e dentro das actividades culturais da Feira do Libro de Cee, presentarase o libro Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola
illa de San Simón
, a primeira novela de Luis Lamela, editada por Edicións Xerais de Galicia. O autor estará acompañado por Miro Villar.

Cee: presentación da antoloxía poética De Pondal ao Batallón Literario

Hoxe mércores ás 19.15 horas terá lugar o acto de presentación da antoloxía poética De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, editada por Sotelo Blanco en colaboración coa Asociación Neria.
A actividade terá lugar na Fundación Fernando Blanco de Cee (no paseo da Alameda), dentro da programación da Feira do Libro 2009.

Carnota: presentación do libro Escapado de Luís Lamela

O próximo día 7 de agosto, ás 21 horas, no salón de actos do colexio do Pindo-Carnota, e dentro das actividades culturais das festas de San Clemente 2009, se presentará o libro titulado Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, a primeira novela de Luis Lamela, editada por Edicións Xerais de Galicia. O acto está organizado pola Asociación Cultural PEDRAMAR do Pindo.