Presentación en Compostela do número 31 da revista Dorna

O día 16 de abril, ás 19:30 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela terá lugar a presentación do número 31 da revista Dorna (2006/2007). A presentación consistirá nun recital poético-musical coa participación de Anxo Angueira, María do Cebreiro, Xiana Arias, Alberto Lema, Andrea Núñez, Lía Santiso e Manu Clavijo.
Con este número recupérase a traxectoria dunha das revistas máis importantes do panorama literario galego, que leva dende 1981 ofrecendo un lugar para a expresión de voces emerxentes xunto con outras longamente consagradas.
O presente número conta, entre outras, coas colaboracións de Anxo Angueira, Chus Pato, Darío Xohán Cabana, Elvira Riveiro, Fran Alonso, María do Cebreiro, María Lado, Marilar Aleixandre, Marta Dacosta ou Miro Villar, xunto con poetas que veñen de debutar hai pouco como Alberto Lema, Andrea Núñez, Rosa Enríquez ou Xiana Arias.
O número inclúe tamén unha antoloxía bilingüe do poeta vasco Kirmen Uribe e está ilustrado con obra fotográfica da artista Carmen Chacón.

Preséntase en Compostela Para dicir abril, de Xosé Vázquez Pintor

O xoves 10 de abril, ás 18:00 horas na libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, presentarase Para dicir abril (Sotelo Blanco), de Xosé Vázquez Pintor. Para alén do autor intervirá Ánxela Gracián (directora da colección Medusa Narrativa).

Preséntase en Compostela O rei Maragato estaba triste e tres pezas máis de Cipriano Fernández Fernández

O xoves 10 de abril, ás 20:00 horas na librería Follas Novas (Rúa Montero Ríos, 37, Santiago) será presentado o libro de teatro para nenos O rei Maragato estaba triste e tres pezas máis de Cipriano Fernández Fernández. No acto intervirán Antonio Puentes Chao -director editorial de 3C3- e o propio autor.

Presentación do número 2 da revista ROTEIROS. Arumes de pensamento crítico

3C3 Editores e a Asociación Cultural de Pensamento Filosófico organizan a presentación do número 2 da revista – anuario de filosofía ROTEIROS. Arumes de pensamento crítico,editada pola Asociación Cultural de Pensamento Filosófico e 3C3 Editores. No acto intervirán os profesores e membros do Comité de Redacción da revista Roteiros, Isidro García Tato e Ramón López Vázquez, xunto co director editorial de 3C3, X. Amancio Liñares Giraut.

Será na libraría COUCEIRO (Praza de Cervantes, 6. SANTIAGO) o martes 8 de abril ás 20:00 horas.

Presentación en Compostela de Profundidade de campo, de Yolanda Castaño

Yolanda CastañoO próximo mércores día 2 de abril terá lugar a presentación en Compostela do último Premio Espiral Maior de Poesía. O Centro Galego de Arte Contemporánea albergará, a partir das 20h, unha velada multimedia arredor de Profundidade de campo, quinto poemario individual da compostelana Yolanda Castaño.

Henrique Rabuñal presenta na Coruña a súa biografía sobre Álvarez Blázquez

Henrique Rabuñal presenta o martes 25 de marzo ás 20.00 horas no local de Portas Ártabras na Coruña (Rúa Sinagoga, 22) a súa biografía do protagonista das Letras Galegas 2008. Titúlase Xosé María Álvarez Blázquez na súa canle secreta, e fai o número 227 da editorial Laiovento. Henrique Rabuñal estará acompañado polo profesor da UDC Celso Álvarez Cáccamo, fillo de Álvarez Blázquez, e por Francisco Pillado Maior, director de Laiovento.