Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Bueu: presentación de Un anarquista, de Diego Ameixeiras
A Coruña: presentación de Da caverna a acrópole, de Ciro Briones
Ferrol: presentación de Somos un pobo de artistas, de Xurxo Souto
A Coruña: presentación de Autogoberno e Sistemas de Financiamento. O papel da Nación Galega, de Xosé Díaz Díaz
A Coruña: presentación de Médica de garda, de Begoña Graña
Compostela: palestra arredor dos campos de refuxiados en Europa e a obra Serei os teus ollos en Idomeni, de Exidio Cuíñas
O 7 de maio, ás 20:30 horas, no Espazo Enocultural Vide Vide (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10), en Santiago de Compostela, con entrada libre ata completar capacidade, a editora Lobisome Producións organiza unha palestra arredor dos campos de refuxiados en Europa, na cidade de Santiago. O drama de miles de persoas atrapadas polo peche da ruta dos Balcáns, é vista dende os ollos de dous voluntarios galegos desprazados á vila grega de Idomeni para axudar aos refuxiados sirios e afgáns acampados alí: Azucena e Xabier. O acto realízase con motivo do lanzamento da obra baseada en feitos reais do escritor cambadés Exidio Cuíñas, titulada Serei os teus ollos en Idomeni en conversa a tres voces, as das persoas voluntarias, os composteláns Azucena e Xabier, e o autor da obra, co editor Antón Mascato.